Venres. 19.04.2024
El tiempo

FutFem: Sumando

Bergantinos feminino nas Eiroas
O Bergantiños feminino nas Eiroas
FutFem: Sumando

As numerosas baixas non impediron que as Miúdas impuxeran o seu ritmo de xogo para controlar e gañar un partido apriori complicado, ante un equipo da zona meida baixa como o Carreira. Todo unha xornada na que o líder, o Chispa, perdía o primieiro partido da temporada ante o Concello de Boiro, que se coloca a só 3 puntos da cabeza. As muradás manteñen a distancia a 11 do Chispa e a 8 do Boito, e xa saca 4 puntos a un Xuventú Aguiño que non pasou do empate na casa ante o Noalla.

Pola súa parte, no Gr.2, o Bergantiños mantiña un empatiño ante un rival directo da zona morna, como é o Arzúa. As de Gueli pelexan, con 5 equipos, por unha máis que digna 6ª praza, que a día de hoxe ocupa precisamente un Arzúa que saca un punto ás carballesas.

2ª Galicia, Gr.3, xornada 19

  • Resultado: Carreira - Os Miúdos (0-7)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, Isa, María de Pastora, Antía, Laura, Noelia, Leti, Gala, Bárbara e Pati. Tamén xogaron: Marta, Lucía e Iria.
  • Goles: Pati, Noe, Antía, Bárbara (4).

Fer e Fran Adestradores das Miudas

Fer e Fran, adestradores das Miúdas

As 14 guerreiras de Muros puxeron no campo canto tiñan e conseguiron dominar un partido disputado pero no que Yaiza apenas tivo que intervir polo gran traballo defensivo, en especial de María de Pastora que supleu con creces a baixa de Martina, moi ben posicionada e saindo sempre con criterio dende a posición de central, apoiada sempre por unha capitana como Antía que se empleou coma de costumbre estando atenta nas coberturas.

O xogo desenvolveuse casi sempre en campo carreirán, a funda de traballo era para Laura e Noe sendo Leti a máis creativa no medio e nas bandas Gala cuallou todo un partidazo pola dereita a pesar de fallar un penalti na primeira metade, e pola esquerda unha Bárbara da que xa pouco queda que contar, xa que os seus 35 goles e todos os que crea falan sós.

A 9 de MIraflores, Pati, abríu a lata aos 10 minutos, e Noe, Antí ae Barbara deixaban claro antes do descanso que o partido só tiña unha cor. Na segunda, co partido na mesma tónica, Bárbara era a encargada de demostrar a súa superioridade, destacando tamén a actuación de Iria, que a pesar das molestias nun xeonllo fixo un partidazo.

2ª Galicia, Gr.3, xornada 19

Partido moi intenso xogado de poider a poder entre dosu equipos que veñen con boas dinámicas e que están a crecer nas últimas xornadas. As carballesas empezaban o partido moi concentradas e dispostas a meter o seu rival na súa área. Nos primeiros minutos Fra e Canosa terían ocasións claras pero ambos disparos irían fora por pouco. Ao cuarto de hora adiántabanse as visitantes na primeira chegada a portería cun auténtico golazo. Pouco duraría a alegría para as arzuanas porque Isa empataba 10 min. despois ao rematar un córner botado por Fra.
De aí ao descanso dúas ocasións para as visitantes pero Lara e Sabrina salvarían ao equipo de Gueli de encaixar.

Trala reanudación o partido empezou a xogarse en mediocampo e ata mediada a segunda parte non empezarona a chegar as ocasións, mais para as visitantes que para as bergantiñanas, pero as defensas impoñíanse ás atacantes.
Ao final xusto reparto de puntos entre os dous equipos.

  • Resultado: Bergantiños - Arzúa (1-1)
  • Bergantiños: Lara Sánchez, Sabrina, Seo, Paula, Fra (Martasa, m.50), Lore, Torrado, Noe (Eva, m.75), Tamy (Ale, m.85), Isa e Canosa (Tania, m.83).
  • Goles: 0-1, m.13; 1-1, m.23: Isa.
  •  

    Todas as novidades do FutFem

Comentarios