Venres. 19.04.2024
El tiempo

FutFem: Apretando ao líder na súa casa

A falta de de acerto segue sendo a tónica predominante para un Bergantiños que fixo un gran partido ante o líder da categoría no que, de estar acertado de cara a gol, incluso podería traer algún punto para Carballo.

Pola súa parte, as Miúdas acadaron unha nova goleada, desta volta ante o Mosteiro, un plantel de nova formación que a pesares de verse superadas no campo, amosaron moitas gañas e maneiras que de seguro daran pronto os froitos que buscan.

Bergantinos feminino
O Bergantiños apretou ao líder, o Betanzos
FutFem: Apretando ao líder na súa casa

2ª División, Gr. 3, xornada 20

  • Resultado: Os Miúdos - Mosteiro (10-0).
  • As Miúdas: Yaiza, Lucía, Paula, Antía, Isa, Laura, Bárbara, Sandra, Gala, Marta e María Dosil. Tamén xogaron: Pati e Iria.
  • Goles: Gala (3), Bárbara (2), María Dosil (2), Patri (2), Sandra.

A pesar de ter só 13 xogadoras, as Miúdas fixeron un partido sen fisuras, con varias variantes posicionais, e xa deixaba un claro 6-0 ao descanso cos tantos de Gala, María Dosil e Bárbara, que tamén marca a pesar de eestar no medio campo. A de Esteiro é a pichichi da categoría con 37 goles.

No descanso Gala e María Dosil deixaban o sitio para Pati e Iria, e ambas conseguiron aportar en ataque para chegar o definitivo 10-0, sendo Sandra que coronou a súa mellor actuación como “rossinejra” cun bo gol.

Así chegan as Miúdas o parón carnavaleiro recurtando 2 puntos ca segunda posición e amoliando outros tantos ca cuarta tralo empate entre Boiro e Aguiño, e agardando que se recuperen pronto as lesionadas que esta semana sumaban a Noe e a Natalia á lista de baixas do plantel muradán.

Miudas-Foto-Chema Caamano copia

Foto de arquivo de Chema Caamaño das Miúdas

2ª División, Gr. 2, xornada 20

  • Resutlado: Betanzos - Bergantiños (1-0)
  • Bergantiños: Lara, Sabrina, Seo, Martasa, Paula, Fra, Mery, Noe, Lore, Torrado e Isa. Tamén xogaron: Eva, Tania, Canosa, Ale e Tamy.

Nos primeiros compases o Bergantiños esperou atrás defendendo ben as embestidas das Betanceiras sabedoras do seu potencial ofensivo, xa que entre Blanca, Noelia e Silvia levan máis goles que todo o equipo carballés. Tanto a defensa coma a porteira Lara conseguían desbaratar todo achegamento á portería visitante. Mediada a primeira parte Carlota adiantou ás betanceiras ao aproveitar un bo centro de Blanca, a mellor xogadora do partido.

A raíz deste gol o Bergan disporía de dúas boas ocasións por medio de Noe pero non estaría acertada no man a man, co que podía ser o empate antes do descanso.

Nos primeiros minutos da segunda parte as locais saíron convendidas a sentenciar o partido e conseguiron meter ao Bergantiños no seu campo con perigosas internadas de as súas xogadoras de ataque, pero entre a porteira e o bo facer da defensa carballesa, ademáis da falta de puntería, deixarían o marcador co mesmo resultado que a primeira parte e co Bergan aínda con opcións.

A 15 min. para o final as xogadoras de Gueli adiantaron líneas en busca do gol do empate e conseguiron meter ao líder no seu campo con ocasións claras para Tamy por dúas veces e Noe, que non tería o seu día de cara a gol. Nos minutos finais as carballesas botarían o último arreón e as betanceiras acabarían pedindo a hora, pero finalmemnte o marcador non se movería.

Todas as novidades do FutFem

Comentarios