Sábado. 27.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Xallas e Cee manteñen a pelexa polo título

Mazaricos femininos
Equipo mazaricán
FUTFEM: Xallas e Cee manteñen a pelexa polo título
Non fallaron as xalleiras e as ceenses, estas na visita das Miúdas, e manteñen a loita na parte da alta do Gr.4 da 2ª División Feminina. Non se descolga tampouco o Dumbría que segue por aí en postos de promoción.

No grupo Norte, dúas derrotas e un empate para as bergantiñás.

As que remataron a primeira fase foron as do Corcubión, que pechan o seu ano de estrea en competición cun meritorio 2º posto da Liga F7, que lle dá acceso ao playoff.

2ª División, Gr.4

Cee - As Miúdas (2-1)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba, Nerea, Laura Blanco, Saray Duarte, Sharay Caamaño, María Lijó, Uxía, Lucía Caamaño. Tamén: Nayara, Lucía Martínez, Andrea e Antía.
  • As Miúdas: Adriana, Elba, Marta Verán, Marcela, Ana Romero, Marta Piñeiro, Sofía, Marina, Paty e Bárbara, Tamén: Uxía, Leti, Ximena e Naiara.
  • Goles: 1-0, m.67: Saray Duarte anotou un golazo; 2-0, m.84: Sharay Caamaño.

Igualado partido no San Paio de Refoxos, cunhas Miúdas ben ordeadas atrás, e cun Cee con moito respecto tralo empate da ida. As locais tocaban e tocaban dun lado a outro, pero sen poder traspasar as liñas defensivas das de Lucho, ou caendo constantemente en fóra de xogo.

Saían con gañas de solventar o partido na segunda as ceenses, e abriu a fenda gracias a un chutazo lonxano de Duarte. Fixo dano o gol nas muradás, e as ceenses lonxe de contemporizar viñéronse arriba a presionar máis, e nun roubo en zona de tres cuartos, Sharay fixo o segundo para sentenciar.

O Pino - Xallas (0-2)

  • Xallas: Rosio; Laura, Luchy, Saskia, Andrea Otero; María, Inés, Andrea Barbeira, Olalla, Ali, Paula Barcia. Tamén: Yaiza, Yasmina, Leti, Nuria e Rita.
  • Goles: 0-1, m.60: Olalla; 0-2, m.70: Yasmina.

Partido no que o conxunto local de O Pino non levou perigo en ningunha ocasión en todo o partido e trataron de non caer goleadas. O Xallas, con innumerables chegadas, unhas veces pola porteira outras poloss paus fixeron que o partido chegase incomprensiblemente co 0 a 0 ó descanso.

Na segunda metade meteron máis leña no ataque as de Rupper e puideron abrir a lata coas goleadoras Olalla e Yasmina.

Dumbría - Rois (5-0)

  • Dumbría: Lía, Carril, Mai, Noa, Martina, María das Carisas, Reyes, Yoli, Kelly, Sabela e Sara. Tamén xogaron: Lissette, Icía, Paula Rodríguez e Lucía.
  • Goles: 1-0, m.37: Yoli; 2-0, m.62: María das Carisas; 3-0,m .55: Martina; 4-0, m.63: María das Carisas; 5-0, m.75: María das Carisas.

Gran defensa das de Fran Figueroa para sumar 3 puntos máis nun partido dominano en todo o momento, contando ademais cunha gran María das Carisas que fixo 3 dos 5 tantos dumbrieses. Así e todo, e malia que Kelly facía constante dano polas bandas, tardou en abrir a lata o equipo local. Outra das destacadas foi Sara, que, sendo a máis nova do equipo con 13 anos, batallou en ataque ata conseguir nunha bonita xogada individual servir unha gran asistencia en boca de gol a María das Carisas, recollendo así o froito do que ven traballando.

Vista Alegre - Mazaricos (2-2)

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Silvia, Fátima, Antía, Buján, Lúa, Hermida, Ánxela, Tamara, Jirra. Tamén xogaron: Romay, Raquel, Valeria Peta e Saray.
  • Goles: 0-1, m.1: Silvia de córner directo; 1-1, m.23. de penalti; 1-2, m.58: Silvia; 2-2, m.90.

Comezaron as de Borja Sueiro co partido de cara gracias a un gol olímpico de Silvia. A partir de aquí o Vista tomou o control e tivo a posesión de balón pero sen crear perigo na área visitante, conseguindo empatar no ecuador do primeiro tempo cun dubidoso penalti.

Na segunda parte saíron de novo mellor as costeiras, sen apenas conceder e tendo a maior parte de ocasións. Sería Silvia de novo quen poría por diante ás amarelas nun gol directo de falta e despois Jirra, Ánxela, Hermida e ata a propia Silvia de novo puideron aumentar a ventaxa. Pero non o fixeron, e xa co tempo engadido e nunha das únicas ocasións que tiveron as locais, aproveitaron un rexeite da porteira para meter o definitivo empate.

2ª División, Gr.2

Sporting Cambre B - Corme (0-0)

  • Corme: Belén; Ana, Aroa, Vero, María; Cris (Lucía), Ana, Irene, Nati, Carla (Aurora)e e Naroa.

Choque da zona media en Cambre, no que as de Rubén Souto dominaron sobre todo o primeiro tempo, sen deixar que creasen perigo e tendo algunha boa ocasión para abrir o marcador.

Na segunda parte si que perderon as cormelás un pouco o control do partido, permitindo ser máis protagonista ao Cambre, que xerou máis perigo na meta de Belémn que a killer Naroa na meta contraria.

Carral - Ponteceso (3-0)

  • Ponteceso: María, Andrea, Eva, Muíño, Myre, Ainhoa, Lara, Noe, Mirian, Berde, Silvia. Tamén: Colores, Manti, Mirian, Laura Rod e Virgi.

POnteceso Feminino

Comezaba o encontro cos dous equipos intentando levar o control do partido e sen claras ocasións de gol baixo unha intensa tarde calor abafante. Terían varias chegadas ás de Curro en boas xogadas combinativas nas que a Killer Andrea probaría a meta local e na que tivo que emplearse a fondo para poder atallalas. Cando todo parecía indicar que se chegaría o tempo de descanso co empate a ceros a mala fortuna fixo chegar o 1 a 0 local en autogol de Noe xa que un balón rexeitado bateu no seu xeonllo e non podendo facer nada para evitalo.

Na volta dos vestiarios sen nada que perder as Pontecesás subirían liñas e iríanse a polo partido, pero sería o Carral de novo quen poñería o 2 a 0 logo de un disparo dende fóra da área rexeitado en un auténtico paradón en dous tempos pola meta Colores, pero que no tercer rexeite nun posible fóra de xogo local aproveitarían para sumalo o marcador.
Puido recurtar en varias contras de Vir e Berdeal , pero o 3-0 chegaba ao fío do final.

Cerqueda - O Burgo (1-3)

  • Cerqueda: Valeria, Jimena, Lucía, Mónica, Pauliña, Tati, Irene, Raquel, Vanesa, Inés e Mariña. Tamén: Uxía, Sonia, Lorena, Andrea e Carla.
  • Goles: 1-0, m.9: Lucía Souto; 1-1, m.37: de penalti; 1-2, m.42; 1-3, m.85: de penalti.

25 minutos duraron no encontro as de Dani Reixía, meténdose mesmo por diante e tendo 3 ocasións moi claras de gol para aumentar a distancia. Pero a partir de aí o equipo descolocouse, e en 2 erros impropios, un penalti por man e un erro nun balón parado danlle a volta o marcador antes do descanso.

A segunda parte as locais tiveron algunhas chegadas de perigo pero non foron quen de materializalo pero o partido estivo aberto ata o penalti da recta final.

 

Liga F7 A Coruña, Gr.A

Orzán - Corcubión (3-3)

  • Corcubión: Elena, Alexandra Lojo, Victoria, Cristina, Sara Cubelo, Claudia, Marta; tamén: Elia, Carla, Maruxa, Adriana e Ana Sierra.
  • Goles: 0-1, m.2: Alexandra Lojo; 1-1, m.14; 1-2, m.25: Ana Sierra; 2-2, m.35; 2-3, m.36: Ana Sierra; 3-3, m.48.

Remartou a primeira fase da Liga F7 A Coruña, e as corcubionesas rematan, no seu ano de estrea en competición, nunha máis que meritoria 2ª praza a 4 puntos do líder, o Marte.

O último encontro foi o domingo ante o CD Orzán. Abriu pronto a lata Alexandra Lojo, pero o choque era un toma e daca, que rematou en táboas.

As corcubionesas participarán no playoff, e mentres se formulan a posibilidade de incorporarse ao F11 e mesmo de solicitar a súa participación na Copa da Costa.

 

Máis novas do FUTFEM

Comentarios