Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Seleccións da Costa Femininas demostraron estar a un gran nivel no Campionato Galego

Seleccion da Costa sub14
A Selección da Costa sub14
As Seleccións da Costa Femininas demostraron estar a un gran nivel no Campionato Galego

Se o luns foi o día do torneo masculino, este martes, os campos de fútbol de As Baloutas e Cototorrón, no Concello de Mos, albergaron a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais nas categorías sub 11 e sub 14 femininas.

Alí estiveron as seleccións da Costa Sub11 e sub14, que demostraron que a revolución do FUTFEM chegou ben a tempo, e competiron moi moi ben.

Seleccion da Costa sub11
A sub11

A sub11 de F8 que adestra Eloy García (Xallas), arrincou o campionato vencedo por 2-0 a Lugo. Aínda de mañá caían ante Coruña por un apretadísimo 3-2.
Non sentou ben a comida e pola tarde caían 3-0 contra Vigo e 2-0 contra Pontevedra.
As costeiras quedaron na 6ª praza, e as convocadas foron: Valentína García (Dumbría), Martina Lago (As Miúdas), Carla Antelo (Outes), Ainoha Villar (Dumbría), Noa Rellán (Zas), Martina Fdez. (As Miúdas), Lara Vila (Sofán), Claudia Neira (Corme), Laura López (Zas), Claudia Ares (Cee), Xiana Faya (Sofán), Alexia Conde (Cee), Ana Ferradás (Cee) e Claudia Otero (Muxía).

Mellor incluso foi a participación da sub14 de Rubén (Cee), que empataba a 0 contra toda unha selección coruñesa, e vencía 0-1 ante Lugo pola tarde.
As costeiras quedaron empatadas na 1ª praza con 4 puntos con Ourense, Ferrol, Vigo e Santiago.
As convocadas foron: Miriam Insua (Cabana), Carla Landeira (Xallas), Irene Rod. (Cabana), Yara Cambeiro (E. Juan Cabrejo Camariñas), Laura Lires (Outes), Lucía Caamaño (Cee), Claudia Espasandín (Xallas), Carla Lago (As Miúdas), Elba Lago (As Miúdas), Ximena Lago (As Miúdas), Carolina Lojo (Cee), Sabelas Faya (Sofán), Inés Veiga (Ponteceso), Alba Caamaño (As Miúdas), Claudia Facal (Xallas), Cristina Sanvicente (Carnota), Thalia Leis (Cee) e Lucía Ramos (Cee).

Os dous combinados paticiparán na segunda fase.

seleccion da costa

Novas relacionadas

Comentarios