Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Fisterra únese á revolución do #FUTFEM con dous equipos

Fisterra FUTFEM
Imaxe da histórica primeira xuntanza do Fisterra Feminino
O Fisterra únese á revolución do #FUTFEM con dous equipos

Novo club que se suma á revolución do fútbol feminino costeiro. O Fisterra celebraba onte a primeira xuntaza e foi todo un éxito. Máis dunha vintena de mulleres xuntáronse en Ara Solis, demostrando as gañas que hai de montar algún equipo.

De feito, en palabras do presidente Sergio Insua, “se todo vai ben, para o ano montaremos dous equipos, un sénior e un cadete”.

Este curso xa temos 10 equipos en competición: ademais do Bergantiños en 1ª Galega, aos Cee, Xallas, Dumbría, As Miúdas, Mazaricos, Ponteceso, Corme e Cerqueda na 2ª, e o Corcubión na Liga de F7. Ademais o Muxía xa confirmou a creación de dous novos equipos, e o Dumbría sumará un 3º equipo.

Xornada parada

Esta fin de semana non houbo xornada. Só xogou o Corcubión, que sen enfrontaba ao colíder, un Marte que lle endosaba 7-0. Pese a que o resultado non é para nada favorecedor para as corcubionesas, o certo é que non é un resultado representativo do encontro, xa que as visitantes non llo puxeron tan doado ás locais. A primeira parte remataba cun 1-0 e estivo bastante igualada, con numerosos tiros sen éxito á potería contraria por parte das corcubionesas, que apretaban ás rivais constantemente.
Sería na segunda parte cando comezaron a chegar os goles restantes do equipo local, un equipo no que sobresae unha calidade individual propia de ligas superiores das súas xogadoras.

Elena Vázquez a Serbia

Ademais, completamos o repaso á actualidade FUTFEM cunha nova alegría costeira. A nosa capi, Elena Vázquez, vai convocada coa Selección Española Feminina sub 17 para a Rolda 2 do Campionato de Europa da categoría que se celebrará en Serbia entre o 12 e o 18 de marzo.

Máis novas do FUTFEM

Comentarios