FUTFEM: O Xallas roza a final

Non puido ser. O Xallas rozou a final da II Copa da Costa Feminina, pero sucumbiu na quenda de penaltis ante o Noia, o singular invitado a esta edición. Os de Rupper remontaban o 3-0 da ida, e cando esperaban a prórroga, o partido marchou directamente á quenda de penaltis, na que a sorte estivo de costas.
No outro choque, non houbo cor. O poderoso e temido Bergantiños, que xa case que sentenciara o pase á final na ida, superou a un Cerqueda que só puido chegar con 10 xogadoras.
Así, a finalísima será Noia-Bergantiños, na que o cadro de Gueli buscará o seu segundo título.
Xallas - Noia (3-0)
- Xallas: Andrea; Alicia, Laura, Rita e Tania; Inés, Leti e María; Olalla, Xastia e Yasmina. Tamén: Yoli, Rosio, Rhany, Lucía e Andrea.
- Goles: 1-0, m.30: Yasmina; 2-0, m.58: Yasmina; 3-0, m.81: Xastia.
Difícil xesta tiñan por diante as de Rupper tralo 3-0 da ida. Pero as xalleiras saíron a por todas, confiadas de poder facer algo grande se mantiñan a seguridade atrás.
E todo foi según o imaxinado... Gol na primeira metade, de Yasmina despois dun tiro de Oli, para chegar ao descanso con posibilidades reais e que o Noia empezara a verlle as orellas ao lobo.
A segunda metade coa entrada de Yoli o equipo foise máis arriba e nun pase de Inés quedou Yasmina soa diante da porteira, á que regateaba e empuxaba o balón coa portería baleira.
Seguiu percurtindo o Xallas ata que a falta de 10 minutos, Xastia, nunha contra de libro, tras un bo pase de María, diblaría a dúas rivais e puña as táboas na eliminatoria.
O Noia tratou de apretar pero unha veces as defensas e outras Andrea, a improvisada meta locals que realizou un gran partido, salvaron a situación.
O cadro verde esperaba a prórroga e non realizou todos os cambios, pero a eliminatoria ía directo á quenda de penaltis, nos que a veteranía do Noia e os bos lanzamentos déronlle a vitoria deixando un sabor agridoce na familia xalleira.
En calquera caso, “moi orgulloso” síntese Rupper destas rapazas que no seu primeiro ano deixan o listón moi moi alto.
Bergantiños - Cerqueda (6-0)
- Bergantiños: Andrea, Noe, Tati, Elena, Lorena, Carla, Laura Caamaño, Inés, Paula, Sara, Zaida. Tamén: Jimena, Laura Torrado, Cruz, Bárbara e Lara López.
- Cerqueda: Lidia, Lucía Rod., Gabri, Nuria, Saskia, Natalia, Paula Veiga, Eva, Lorena e Raquel.
- Goles: 1-0, m.5: Tati; 2-0, m.38: Carla; 3-0, m.46: Noe; 4-0, m.66: Cruz; 5-0, m.81: Cruz; 6-0, m.85: Noe.
Pouco que contar dun partido monocolor, ante unhas malpicás que chegaban con moitas gañas e fixeron moi bo traballo, pero acabaron sucumbindo á superioridade local.