Futsal: Unha boa defensa cimenta unha nova vitoria do Villa de Cee
Descansou o Mazaricos Futsal esta fin de semana pero o Villa de Cee mantén a súa boa liña. Moi serios en defensa saíron os centolos e a partir de aí cimentaron unha nova vitoria (4 de 5) que o mantén 3º a só 2 puntos dos líderes, Begonte e Rábade que suman partidos por vitorias.
PREFERENTE, GR. NORTE, XORNADA 5
- Resultado: FSF Vila de Cee - Alto do Vento (6-0)
- FSF Villa de Cee: Maikel, Mario, Juan Vello, Ángel, Javi; Pose (port. supl.), Perce, José Antonio, Juanjo.
- Goles: 1-0, Javi; 2-0, Javi // DESCANSO // 3-0, Perce; 4-0, Mario; 5-0, Juanjo; 6-0, Juan Vello
O equipo de Juan Caamaño estivo moi serio en defensa, sen permitir ocasións en todo o partido, e cada roubo era unha contra perigosa. O partido púxose moi de cara na primeira xogada do partido cando Ángel roubou a balón e tras profundizar pola banda esquerda deu un pase para que Javi estrenase o marcador dende dentro da área. Superado xa o ecuador da primeira metade Javi volveu a marcar tras unha boa maniobra no borde da área rival.
O maior perigo que crearon os visitantes nos primeiros 20 minutos foi un bo disparo dende lonxe que o pau esquerdo da no portería escupiu fóra./p>
Na segunda parte foi un querer e non poder por parte do Alto do Vento, e segundo pasaban os minutos aumentaban as súas présas e imprecisións e os costeiros tiñan ocasións máis claras. E tras unha boa xogada de equipo, Perce marcaba o 3-0 cun disparo cruzado.
A partires de aí os santiagueses quixeron cambiar a tónica do partido sacando porteiro-xogador pero esto rematou en 2 novos goles para os locais.
En resumo, unha defensa seria e moita paciencia á hora de atacar déronnos 3 puntos necesarios para que o equipo vaia collendo confianza nunha nova forma de facer as cousas.
NOVAS DO FUTSAL
- De 3 en 3 para situarse na 3ª praza.
- Emoción ata o último suspiro:
- Futsal: O Mazaricos debuta con vitoria e o Villa de Cee levanta o voo.
- Futsal: O FSF Villa de Cee debutou con vitoria e o Mazaricos Futsal espera a súa estrea.