Venres. 18.10.2019
El tiempo

Futsal: Emoción ata o último suspiro

Imaxe do choque entre Mazaricos e Villa de Cee en pretemporada
Imaxe do choque entre Mazaricos e Villa de Cee en pretemporada
Futsal: Emoción ata o último suspiro
Futsal: Emoción ata o último suspiro

Dous partidos vibrantes os que protagonizaron os nosos equipos de fúbol sala esta fin de semana. O VIlla de Cee protagonizaba unha remontada espectular, nun partido emocionante que os betanceiros sentiron gañado e que os locais, con moito sufrimento e ímpetu, foron capaces de empatar tras velo perdido.

Case lle pasa o mesmo ao Mazaricos Futsal, despois de ir vencendo por 0-4 case sofre en Sarria unha remontada. Pero reaccionaron a tempo os amarelos e conseguiron reconducir para sumar a súa segunda vitoria na estrea.

PREFERENTE, GR. NORTE, XORNADA 3

  • Resultado: FSF VIlla de Cee - Troula FS (4-4)
  • FSF VIlla de Cee: Pose, Ángel, Juan Vello, José Antonio e Santi; Mario, Perce, Félix, Juanjo e Aitor.
  • Goles: 0-1, 0-2, 0-3 / Descanso / 0-4, 1-4 José Antonio, 2-4 Aitor, 3-4 Félix (doble penalti), 4-4 Perce.

Foi un partido con dúas caras completamente diferentes, na primeira os visitantes foron mellores e na segunda os ceenses melloramos moito e foron quen de equilibrar un marcador moi costa arriba. Os de Betanzos defendían na cancha rival e de forma agresiva dende o inicio do partido. Nos primeiros minutos costáballes aos costeiros moito traballo saír da súa presión e xerar ocasións. Cando xa se sacudiran esa presión e o partido estaba equilibrado fixeron o primeiro gol. Foi nun saque de banda moi cerca do córner onde faltou intensidade. Foron malos minutos aí do cadro local no que a precipitación e a toma de decisións errada foron a máis. Tras unha saída de presión moi boa por parte do Troula encaixaron o 0-2 e no último minuto da primeira metade, tras un córner que defenderon con pouca contundencia e meteron o 0-3 despois de aproveitar un balón morto na área local.

Cambiou o panorama na segunda, e os costeiros comezaron a xerar ocasións. Sen facer un xogo brillante estaban moito máis intensos en defensa e roubaban moitos balóns en media cancha que daban opcións en superioridade. Aínda así e despois de xerar ocasións (Ángel, Perce, Juanjo, Félix...) non eran capaces de romper o xeo e marcar o primeiro. E, por se isto fora pouco, nunha das poucas contras que o Troula tivo en toda a segunda metade os visitantes facían o 0-4.

Seguiron insistindo, con moitas ganas e coa cabeza alta. E comezou a remontada o primeiro despois dunha boa xogada de Félix que José Antonio rematou. E ao pouco tempo Aitor marcou o 2-4 dun disparo lonxano. Xa arriscando ao todo polo todo en defensa, con marcaxes individuais, eles tiñan xa 5 faltas e na sexta Félix acertou con 3-4. Agora sí que xa a, nova pero habilidosa, plantilla betanceira non era capaz de para ao equipo ceense e nunha boa xogada en equipo, Perce acabou empuxando no segundo pau o definitivo empate tras pase de Félix.
Faltaba pouco máis de un minuto pero aínda se puideron quedar os 3 puntos na casa tras un gran disparo de Juanjo tras xogada individual ou nun remate de Juan Vello que se lle marchou por moi pouco.

1ª GALICIA, GR. LUGO-CORUÑA, XORNADA 2

  • Resultado: LuisItalia - Mazaricos Futsal (3-6)
  • Mazaricos Futsal: Tabula, Oscarín, David, Chapela, Brais, Sandelo, Carreiriña.
  • Goles: 0-1 Chapela; 0-2 Oscarín; 0-3 Carreiriña; 0-4 Chapela; 3-5 Chapela; 3-6 Chapela.

Na primeira parte saíron os amarelos a esperar o rival en media pista. Controlaron moi ben o partido e mesmo tiveron a posesión chegando a ter oportunidades varias oportunidades a parte dos 4 goles cos que conseguiron marchar aos vestiarios.

Na segunda parte co 0-4 a favor saíron un pouco dormidos e en varios desaxustes defensivos chegaron a colocarse con 3-4 no marcador con tiros dende fóra da área. Volcáronse os locais co porteiro xogador, pero os amarelos volveron poñer o mono, defenderon con intesidade, e recuperaron varios balóns que acabaron en sendos goles de Chapela para pechar o partido.

NOVAS DO FUTSAL

NOVAS DO FSF

Comentarios