Venres. 29.03.2024
El tiempo

Futsal: Doble aviso en forma de derrota pola mínima

Mazaricos Futsal
Choque do Mazaricos Futsal en Ourol
Futsal: Doble aviso en forma de derrota pola mínima

Esta semana, un pouco máis tarde do habitual, traemos as crónicas dos dous equipos de FS da nosa comarca. Unha fin de semana que deixou dúas derrotas pola mínima para os nosos, demostrando que nestas cageotias hai que pelexar durante os 50 minutos.

Chegou a primeira derrota para o Villa de Cee, no que foi posiblemente o partido máis completo no que vai de tempada pero pequenos erros puntuais en cancha propia e a gran actuación do porteiro rival conderaron aos centolos, que quedan aínda na 3ª praza a 5 dun líder, o Begonte, que escapa.

Na 1ª Galicia, o Mazaricos sufría outro aviso en forma de derrota en Ourol, nun partido tolo que puido acabar de calquera xeito.

PREFERENTE, GR. NORTE, XORNADA 6

  • Resultado: Casás - Villa de Cee (3-2)
  • FSF Villa de Cee: Pose, Mario, Juan Vello, Ángel, Javi; Perce, José Antonio, Juanjo, Aitor, Félix.
  • Goles: 1-0 // (desanso) // 1-1, Javi; 1-2, Aitor; 2-2; 2-3.

Os primeiros 10 minutos de partido foron moi igualados, defendendo os 2 equipos en media pista pero de forma moi agresiva. A partir do 1-0, que foi un disparo lonxano e pegado ao pau dereito da portería, os visitantes foron facéndose cada vez máis donos do partido. O gol non descolocou e, aínda que eles tiveron algunha contra tras perda, na fase final da primeira metade os de Juan Caamaño crearon moitas ocasións para empatar, fallando incluso 2 dobles penaltis antes do descanso.

Na segunda parte saíron os costeiros moi enchufados dende o inicio. Estiveron moi concentrados en defensa, o que permitiu roubar moitos balóns en media pista e en pista rival xenerando moitas ocasións. Javi empatou o partido en xogada individual tras un roubo de balón e Aitor puxo o 1-2 tras unha boa xogada de equipo.

Pero poucos minutos despois de poñerse por diante, unha xogada onde faltou contundencia en defensa e unha perda de balón na saída da presión provocaron que o Casás puxese o marcador no 3-2 que acabou sendo definitivo.
Aínda así, o equipo non se veu abaixo e nos últimos 5 minutos foron quen de xenerar numerosas ocasións para empatar ou incluso para gañar o partido.

”Aínda que colleitamos a primeira derrota da tempada, creo que o equipo deu mostras de estar máis vivo que nunca e con capacidade de voltar á senda positiva na próxima xornada. Toca seguir traballando…”, sinala o adestrador.

Esta semana o Villa recibe o sábado ás 20:00h no Municipal de Cee ao Guitiriz.

1ª GALICIA, GR. LUGO-CORUÑA, XORNADA 5

  • Resultado: Ourol - Mazaricos CF (7-6)
  • Mazaricos Futsal: Tabula, Sandelo, Brais, Chapela e Molinos. E tamén: Ferreiriño, Carreiriña, Ramon, Oreiro e Oscarín.
  • Goles: 1-0; 2-0; 2-1 Chapela; 2-2 Chapela; 2-3 Sandelo; 3-3; 3-4 Chapela (descanso); 4-4; 5-4; 6-4; 7-4; 7-5 Molinos; 7-6 Molinos.

Partido igualado e no que primou o ataque sobre a defensa. Saíron os amarelos un pouco frios o partido e recibiron dous goles o pouco de empezar. Despois foron tendo a posesión e creando ocasións chegando o descanso cun 3-4 favorable.

A segunda parte comezou co control visitante, pero logo dunhas decisions arbitrales moi rigurosas os costeiros fóronse do partido e en 5 minutos se viron co 7-4 enriba. Tras un tempo morto, decidiron ir apretar moi arriba e con moita intensidade, colocándose a só un tanto, e metendo medo ao cadro local ata o pitido final.

Esta semana tóca recibir ao Trabada o sábado ás 18:00h no Pavillón da Picota.  

NOVAS DO FUTSAL

NOVAS DO FSF

Comentarios