sábado. 18.01.2025
El tiempo

Importante e sufrido triunfo do Fisober masculino ante un rival directo na loita pola salvación

Xogadores do Fisober celebrando un gol
Importante e sufrido triunfo do Fisober masculino ante un rival directo na loita pola salvación

Vitoria vital do Fisober no partido correspondente a xornada 14 de liga disputado na tarde noite do sábado no PM Augusto César Lendoiro de Corcubión. Os costeiros recibían ao Casás, outro dos 3 equipos en postos de descenso. Os dous chegaban empatados a 6 puntos, e vitoria permite aos costeiros deixar 3 abaixo ao rival, e quedar a 4 dos postos de salvación.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA, X.14

  • Resultado: FISOBER FSF – CASÁS (6-5).
  • FISOBER: David, Iván, Juan Emilio, Carlos, Pablo Costa; tamén: Brais, Mario Areas, Champi, Suso, Vicente, Iago, Edgar.
  • Goles: 0-1 min 2 Sami, 0-2 min 4 Magic, 1-2 min 5 Carlos, 2-2 min 6 Carlos, 2-3 min 21 Jorge, 3-3 min 24 Champi, 4-3 min 30 Iago, 4-4 min 38 Senén, 5-4 min 39 Iván, 6-4 min 39 Pablo Costa, 6-5 min 39 Guizán.

Empezou entre adurmiñado e presionado o conxunto costeiro, que encaixou un cero a dous nun abrir e pechar de ollos. Con ise resultado tan pronto tiveron que espabilar os locais que igualaron con dous goles de Carlos a balón parado. Un logo dunha falta e outro despois dun penalti. Ata o tempo de lecer xa non se moveu o marcador despois deses primeiros minutos de tolemia, aínda que os costeiros tiveron algunha ocasión máis para mover o electrónico con algún man a man ou incluso cun dobre penalti.Camiño dos vestiarios unha discusión entre un xogador visitante e o local Carlos provocoulle ó local o segundo cartón amarelo e conseguinte expulsión o que provocaba que seu equipo saíra en inferioridade ao incio da segunda metade.

Aproveitaron tal circunstancia os visitantes para voltar a poñerse por diante. A partires de aquí partido difícil para uns locais que tiraron de carácter e bo xogo para poñerse por diante con goles de Champi e Iago. Con boas ocasións para o Fisober e un dobre penalti parado polo local Brais.

Os últimos minutos voltaron a ser unha tolemia. Os visitantes igualaban nunha xogada de estratexia de saque de banda. Respostaba o Fisober por medio de dúas xogadas individuais de Iván e Pablo Costa para poñer o seis a catro. Saían de cinco os visitantes que tiñan boas ocasións o igual ca os locais podían sentenciar cos riscos do Casás, que facía o quinto de dobre penalti.

A vindeira semana toca visita Os Meigallos en Sarria, segundo clasificado.

A base

A nova da fin de semana protagonizouna o equipo xuvenil, que deu a “campanada” gañando na casa do líder, o C. Liceo, por 3-5, gracias aos tantos de Juan Emilio (3), Iago e Pablo Costa.

Pola súa parte, as Infantís caeron 4-5 ante o ADC Lugo Sala A Casti.

infantil feminino do Fisober
As Infantís do Fisober

Máis novas

 

Comentarios