sábado. 18.01.2025
El tiempo

FSF: O Fisober non puido pechar o ano con vitoria

Fisober FSF
FSF: O Fisober non puido pechar o ano con vitoria

Non puido ser. O Fisober voltaba sen premio do pavillón Montecarrasco de Marcón de Pontevedra, tralo seu intento de asaltar a pista das 2ª clasificadas, e poder meterse de novo na loita polo ascenso. As costeiras fixeron o mellor partido da tempada a pesar das baixas, pero así non puideron cun equipo que aínda se mantén invicto.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA, X.12

  • Resultado: STELLAE LEIS CIDADE DE PONTEVEDRA – FISOBER FSF (3-2).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula, María, Saray; tamén: Alba, Nai, Sabela.
  • Goles: 1-0 min 7 Ana, 1-1 min 7 Patri, 1-2 min 15 Saray, 2-2 min 16 Nerea, 3-2 min 32 Carmen.

O Fisober voltaba na tarde do sábado a unha pista mítica nestes vinte anos de historia das costeiras, xa que alí se consolidaron boa parte dos dous ascensos a División de Prata.

As locais presionaron en toda a pista pero as costeiras saían ben da presión tendo ocasións para adiantarse. Un erro nun pase na saída de balón supuxo o un a cero local por mediación de Ana, pero xusto despois do saque de centro Patri igualaba o partido. Unha Patri por certo a única supervivente na pista polo Fisober do mítico triunfo do 2012.

A pesares dos goles o guion seguía a ser o mesmo. Nunha boa combinación visitante era agora Saray a que poñía o un a dous a prol do Fisober. Pouco duraba a ledicia costeira xa que Nerea igualaba de novo. Os últimos minutos da primeira metade foron os mellores das locais que puxeron en moitos problemas as costeiras ata que chegou o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios a película continuaba igual, ata que os cinco minutos o Fisober intentou sorprender sacando o xogo de cinco. E sorprendeu porque tivo varias ocasións pero non acadaron adiantarse no electrónico. Un novo erro mediada esta segunda metade permitiu a Carmen adiantar as locais. O Fisober non se veu abaixo e intentouno co xogo de cinco, con boas ocasións pero sen éxito o que fixo que o resultado xa non se movera ata o final.

A vindeira semana o Fisober tócalle descansar co que o deste sábado foi o último partido do ano 2024, a volta será coma local despois de Reis fronte ó 5 Coruña.

Máis crónicas do FSF

Outras novas sobre o FUTFEM

Comentarios