FSF: Xornada con doble vitoria para a familia Fisober
Por fin unha semana con doble para a familia Fisober. As rapazas de Fran Toba voltaban a senda do triunfo despois de caer a semana pasada fronte ó líder e se colocan 7ª a 6 puntos das segundas clasificadas.
Pola súa parte, por fin chegou un novo triunfo para o novo conxunto masculino nesta tempada do seu debut na Preferente, despois do ascenso na primeira tempada de existencia do conxunto masculino. Os de Dani Costa, levaban 8 derrotas consecutivas trala vitoria na xornada inaugural, e se colocan a 3 puntos dos postos de salvación.
PREFERENTE FUTGAL FEMININA, XORNADA 9
- FISOBER FSF – BULEBULE FS (3-2)
- FISOBER: Sharay, Patri, Paula, Andrea, Saray; tamén xogaron: Sabela, Alba, María, Nai.
- Goles: 0-1 min 3 Nai, 1-1 min 28 Saray, 2-1 min 33 Alba, 3-1 min 38 Paula, 3-2 min 39 Nai.
Recibía na tarde noite do sábado no PM Augusto César Lendoiro de Corcubión o cadro de Fran Toba ao BuleBule, nun choque moi competido e moi vistoso para o espectador.
Sairon moi fortes ambas escadras cun conxunto visitante amosando un gran desenvolvemento físico, sendo un auténtico bulebule sobre a pista. Adiantábanse as de Mos por medio de Nai. O Fisober comezou a dominar pero entre a excelente actuación de Anouk e os paus non foron quen as costeiras de concretar ese dominio con goles, co que o Bulebule chegou por diante ó tempo de lecer.
Tralo paso por vestiarios o Fisober deu un paso adiante, cunha boa presión pecharon as visitantes, pero claro o Bulebule saía en perigosas contras. Mediada esta segunda metade un gol primeiro de Saray e despois de Alba deron a volta ó electrónico para ledicia dos siareiros locais. Tralos goles o Fisober decidiu saír co xogo de cinco para controlar aínda máis o partido.
A pouco máis dun minuto para o fin Paula poñía o tres un que parecía tranquilizador, pera aínda houbo tempo para un revolucionado final, cun novo gol de Nai para poñer o definitivo tres a dous no electrónico.
A vindeira xornada o Fisober visita ó sempre difícil Superti Ribeira en Lugo.
PREFERENTE FUTGAL MASCULINO, XORNADA 10
- Resultado: FISOBER FSF- FS PONTEDEUME (4-2).
- FISOBER: Brais, Vicente, Adri, Pablo, Iago; tamén xogaron: Grille, Mario, Suso, Javi, Edgar, Carlos.
- Goles: 0-1 min 5 Abraham, 1-1 min 5 Javi, 1-2 min 16 Dani, 2-2 min 18 Carlos, 3-2 min 28 Suso, 4-2 min 35 Adri.
Recibían os homes de Dani Costa mañá do sábado nas ID de O Conco en Dumbría ao Pontedeume, o pechacancelas. E fixeron un partido moi serio sabedores da importancia deste partido para rachar a xeira negativa de resultados que viñan arrastrando dende a primeira xornada. O Fisober intentou darlle un ritmo alto o partido dende o inicio, con presión arriba pero as imprecisións nos metros finais facían que non foran quen de adiantarse. O Pontedeume esperaba a media pista para saír a contra. Nunha desas Abra cun forte disparo adiantaba os visitantes. Por sorte para os locais pouco despois Javi igualaba o partido. Os minutos pasaban baixo o mesmo guión. Ata que Dani voltaba adiantar ó Pontedeume. De novo despois dunha boa combinación era Carlos o que igualaba antes do tempo de lecer.
A volta de vestiarios intentaron seguir igual os locais, de novo despois dunha boa combinación do Fisober era Suso o que poñía por diante os costeiros. Tralo gol que poñía por diante por primeira vez ó Fisober por diante no electrónico. Os visitantes decidiron a pesares de estar no ecuador da segunda metade arriscar co xogo de cinco. O Fisober defendeuse ben desa circunstancia en un roubo a media pista Adri conducía para marcar a porta baleira. Despois tocoulle ó Fisober remar ata o final para lograr o segundo triunfo da tempada nun igualado partido.
A vindeira xornada toca visitar ó 5 Coruña B.
Máis crónicas do FSF
- X.8: O Fisober sucumbe ante o intratable líder.
- X.7: O Fisober coller velocidade de cruceiro para enfrontarse ao líder
- X.6: Fundamental triunfo do Fisober en Guitiriz
- X.5: O Fisober retoma o pulso da temporada.
- X.4: O Fisober non arrinca.
- X.3: Novo susto para o Fisober.
- X.2: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo.
- X.1: O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional