As ligas da Costa xuvenil, cadete e infantil afrontan unha emocionante recta final
As competicións ligueiras do fútbol base da Costa afrontan as súas rectas finais coa emoción máxima e con todo por decidir.
Na competición ligueira xuvenil, o partido que xogou onte o Cabana co colista da categoría como é o Laxe e que rematou coa vitoria dos nerazzurros por 5-0, fai que os rapaces de Fernando Mato e Pablo Rodríguez sexan os novo líderes á espera do que suceda este sábado, no encontro que enfrontará aos actuais segundos clasificados, Os Miúdos e ao Cee.
Os muradáns se son quenes de gañarlle a un rival da zona baixa da clasificación, como son os ceenses, Os Miúdos recuperarán o liderado. O terceiro en discordia nesta liga da Costa xuvenil é o Corme, equipo que conta con dous partidos menos que os cabaneses e un que os muradáns. Polo tanto, ao igual que cabaneses e muradáns, os da vila do Roncudo tamén teñen na súa man pelexar polo título ligueiro, xunto con Fisterra, un equipo que mentres que as matemáticas non digan o contrario loitará por chegar ao máis alto. Sen olvidarnos de Sofán, Outes e Esteirana, por suposto.
No que respecta á Liga da Costa cadete, a emoción tamén é máxima xa que o Concello de Zas e o Outes están empatados a 45 puntos no máis alto da clasificación, aínda que os zasenses teñen un partido menos xogado que os da Serra, o que fai que teña unha lixeira vantaxe de aquí ao remate da tempada.
Pero estes dous conxuntos non están sós na loita pola título de liga, xa que o Unión Club Cee que é o terceiro clasificado está a tan só dous puntos do liderado cos mesmos partidos que o Outes e un menos que o Concello de Zas, aínda que depende de si mesmos xa que os ceenses teñen que enfrontarse aos dous primeiros clasificados en vindeiras xornadas, polo que nos espera un final de infarto na competición ligueira cadete.
Por último, na competición ligueira infantil, aínda faltan nada máis e nada menos ca doce xornadas, polo que pode pasar de todo.
Actualmente, o Dumbría é o líder en solitario con tan só tres puntos de vantaxe sobre o Cee e catro sobre o Xallas. Aínda que con todos os partidos que quedan por disputar, tamén hai que ter en conta ao Corme (4º clasificado con 50 puntos a 8 do liderado), e ao Sofán (5º clasificado con 48 puntos a 10 do liderado).
Polo que os rapaces e rapazas do noso fútbol base nos deleitarán cunha recta final de infarto nunhas competicións ligueiras no que hai varios equipos que están dando o mellor de si para loitar polos títulos das diferentes ligas.