Mércores. 08.05.2024
El tiempo

“Mando o meu apoio aos árbitros. O Fútbol da Costa somos todos”

Parte do colectivo arbitral costeiro na bienal. xullo 2022
Parte do colectivo arbitral costeiro na bienal. xullo 2022
“Mando o meu apoio aos árbitros. O Fútbol da Costa somos todos”

Nova xornada do Fútbol da Costa marcada pola parón dos árbitros da subdelegación da Costa. Despois da parada de xaneiro provocada pola dimisión forzada do subdelegado arbitral na comarca, os colexiados costeiros continuaron pintando con relativa normalidade, ata esta pasada semana, que decidiron parar de novo.

Poucas demostracións houbo esta xornada, como no pasado mes de xaneiro cando varios partidos cecidiron non disputar o primeiro minuto como mostra de apoio.

Pero si que as hai. Estes días recibimos o apoio de Sergio, adestrador do Camelle, que quere mandar, con nomes e apelidos, o seu apoio aos árbitros da Costa. “Xa serán mellores ou peores, pero creo que o Fútbol da Costa somos todos. E creo que non están recibindo o apoio que merecen, por eso penso que entre todos tamén deberiamos facer algo para apoialos”.

”A ver se pouco a pouco imos facendo unha boliña de neve que vaia medrando, que ben o merecen, que falamos sempre do Fútbol da Costa e ao final, se seguimos así acaba morrendo todo. Sen os árbitros non habería fútbol. Hai 5 anos tanto estiveron loitando pola Delegación da Costa e agora non se apoia?”, pregúntase.

Aproveita para lembrar ademais que o asunto tócalle de cheo aos clubs, que a tarifa dos colexiados coruñeses pasan dos 80 euros por partido para cada club. “Vainos acabar afectando. Se estamos calados, vai ser peor para nós e ímonos acordar de Santa Bárbara cando chove”.

Novas relacionadas

Comentarios