Medio millar de deportistas disfrutaron do fútbol base no Torneo Vidú de Malpica


Fermosa festa do fútbol base a que viviu esta pasada Semana Santa o Campo de Xaviña (Buño). A hiperactiva Asociación Vidú organizaba a cuarta edición do Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica, con case medio milar de nenos como protagonista que atraeron a varios milleiros de familiares e afeccionados.
E iso que o tempo non axudou, pero non impediu que se disputasen todas as categorías. Destacou iso si, a aposta polo fútbol feminino, coa presencia de 3 equipos femininos do Victoria que competiron man a man cos resto de equipos. Cómpre destacar a primeira vitoria dun equipo formado na súa totalidade por nenas, e foron as “cebras” da categoría Alevín as que vencían 0-1 ao Buño, e case se meten na fase final.
Resultados
En Prebenxamíns venceron os rapaces do Luís Calvo na final ante o Silva.
En Benxamíns, as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz acadaría o título de campión despois de vencer con contundencia a un Imperátor OAR que deu a cara en todo momento a pesar de contar co plantel máis novo da categoría, sendo un dos grandes atractivos da competición.
En Alevín, Luís Calvo e Dumbría disputaron un encontro fermoso que fixo as delicias dos espectadores, e que se decidiu cun solitario gol a favor dos dumbrieses.
Por último, na categoría infantil, o Laracha venceu a un gran Cabana.
En categorías individuais os premiados foron os seguintes:
- Categoría prebenxamín: Iago Rey das Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz foi o mellor xogador do torneo; e Eloy Lavandeira da SD Sofán, mellor porteiro.
- Categoría benxamín: Rubén Trillo do Luis Calvo Sanz foi o mellor xogador do torneo; e Sofía Carregal, mellor porteira.
- Categoría Alevín: Iago Larrañaga do Dumbría foi o Mellor Xogador; o cabanés Kelyan Faria o mellor porteiro.
- Categoría infantil: Miguel Blanco do Cabana SD, mellor xogador; e Nicolás García, mellor porteiro.
Novas relacionadas
- Torneo sub-15: a Selección da Costa logra a primeira vitoria.
- 2017: A Malpica CUp acolleu a segunda participación da Selección da Costa sub-15.
- 2017: 450 nenos convertiron Buño na capital do fútbol base por Semana Santa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)