Martes. 15.10.2019
El tiempo

O Memorial Andújar servirá de posta a punto para os equipos do Dumbría de F8

Prebenxamíns do Dumbría e do Cee no Memorial Andújar do ano pasado
Prebenxamíns do Dumbría e do Cee no Memorial Andújar do ano pasado
O Memorial Andújar servirá de posta a punto para os equipos do Dumbría de F8

Como cada ano o CF Dumbría organiza o torneo de fútbol 8 en categorías Benxamín e Alevín Memorial Manuel Andújar, persoa de gran importancia na fundación do club e que fui durante moitos anos o seu vicepresidente. O vindeiro sábado 21 a partir das 15,00h nas instalacións deportivas do Conco, Manuel Andújar recibirá coma tódolos anos a súa merecida homenaxe.

Nesta IX edición, o club cambiou a idea do formato así como a data para que pase a ser un torneo que sirva de preparación para os equipos e afrontar a nova competición de fútbol 8 que se aproxima. En anos anteriores, o Memorial tiña lugar non mes de xuño e servía como fin de festa da competición. Debido a gran cantidade de torneos que hai nesas datas, a organización decidiu modificar a data e que pase a ser un torneo de pretemporada.

O cartel de equipos que disputan o campionato será de excelencia: RC Deportivo, Victoria CF, Xuventude Oroso, CD Calasanz e, por suposto, CF Dumbría.

CADRO  IX MEMORIAL MANUEL ANDÚJAR Dumbria 2019

Novas relacionadas

Comentarios