Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Muxía ascende en Arliña

Ascenso do Muxia
O Muxía ascende en Arliña

Todo pasa en Arliña este mes de xuño. E desta volta o Muxía como protagonista. O cadro de Nando e Fran Toba conseguiu o ascenso á 1ª Galicia. Tralo 0-2 da ida en Pena de Ouro, e con todo de cara, os Corviños, ben arroupados pola súa afección, completaron a xesta e celebraron o ascenso acabando mesmo cun baño no frío mar muxián!!

Muxía - Mazaricos (1-0)

  • Muxía: Víctor, Anxo, Michale, Gusa, Kevin, Mauro, Isma Márquez, Julián, Víctor Alcaina, ManuNogueira, Fran Moreira. Tamén: Ángel, Congui, David, Hugo e Manu./li>
  • Mazaricos: Iván Baña, Borja, Raúl, Fran Pose, Brais, David, Rachón, Pereiro, Marcos, Sandelo e Kevin. Tamén: Sanchiño, José Ángel, Iago, Luís Mayán e Molinos.
  • Gol: 1-0, m.25: Manu Nogueira.
Muxia-Mazzricos en Arlina
A estampa de Arliña é de cine

Partido marcado polo vento, que zoou a favor na primeira parte para o Mazaricos. Posesión mais controlada polo Mazaricos pero sen ocasions. O Muxía, sobre todo, cando Manu Nogueira entraba en xogo xeraba máis fútbol e foi precisamente o escollido como Mellor Xogado do Fútbol da Costa na Gala o que culminaría unha bonita xogada entre Fran Moreira e Isma Pose para abrir o marcador.

O Mazaricos manexaba ben a pelota pero sen demasiada profundidade e case sen máis chegouse o descanso.

A segunda parte transcurriu sen demasiados sobresaltos e moi poucas ocasións, con carrusel de trocos e pouco máis. Tivo o Mazaricos un tiro de Rachón xa no treito final ai que respondeu moi ben o porteiro xuvenil Ángel, que disputou os últimos minutos, antes da festa final.

 

Máis novas

Comentarios