Norberto e Codesido analizan o derbi costeiro da xornada na Primeira Galicia
Esta fin de semana, o Platas Reinoso acollerá un novo derbi costeiro da Primeira Galicia, desta volta, o que enfrontará ao equipo local, o Baio, coa Esteirana, dous equipos con propósitos totalmente diferentes. Os baieses queren seguir pelexando por acabar no máis arriba posible da clasificación, mentres que os esteiráns quere seguir sumando para saír da zona baixa da táboa e acadar a ansiada permanencia.
Para analizar polo miúdo este derbi que se xogará o vindeiro domingo a partires das 17.00h. no Platas Reinoso, dende o equipo de deportes de Que Pasa Na Costa quixemos falar con Norberto do Clube Deportivo Baio e con Codesido da Sociedade Deportiva Esteirana.
Os protagonistas
Norberto González, xogador do CD Baio
QPC: Como chega o Baio a este derbi costeiro?
N.G.: Chegamos con algunha que outra baixa, pero con toda a ilusión do mundo de poder seguir sumando para intentar quedar o máis arriba posible.
Aínda que parece que estamos en terra de nadie, porque lle levamos seis puntos ao 5º clasificado e o 3º nos leva nove puntos, imos seguir competindo como ata agora porque aínda queda moita liga e non nos queremos deixar levar.
QPC: Que opinión che merece o equipo da Esteirana?
N.G.: A Esteirana reforzouse moi ben e está a facer unha segunda volta case perfecta. Tan só unha derrota e contra rivais moi difíciles. De seguir así seguramente consigan a permanencia, que quen o ía decir despois de rematar a primeira volta.
QPC: Que agardas deste encontro de máxima rivalidade?
N.G.: Agardo que sexa un encontro bonito coma todos os derbis.
Despois espero unha Esteirana moi perigosa porque a estas alturas de tempada, os equipos da zona baixa xóganse moito e só lle vale sumar.
A iniciativa no xogo como vimos facendo durante toda a tempada na casa seguramente a levemos nós e a Esteirana esperará aproveitar as súas ocasións.
QPC: No partido da primeira volta, o resultado foi de empate a un. Que cres que debedes facer para levarvos a vitoria no Platas Reinoso?
N.G.: Seguir competindo como ata agora e sobre todo, seguir propoñendo o mesmo como cada partido no Platas Reinoso.
Despois que a sorte nos acompañe de cara o gol e aproveitar as ocasións que poidamos ter.
QPC: Un resultado
N.G.: Calquera resultado me vale con tal de que os tres puntos queden en Baio.
Á Esteirana deséxolle moita sorte pero a partires desta xornada. E ogallá consiga a permanencia para así poder ter o maior número posible de equipos da Costa na Primeira Rexional.
Alberto Codesido, xogador da SD Esteirana
QPC: Como chega a Esteirana a este derbi costeiro?
A.C.: Posiblemente no noso mellor momento da tempada, cunha boa xeira de resultados, aínda que sabemos a quen nos enfrontamos, e senón facemos un partido serio non seremos quen nin de puntuar.
QPC: Que opinión che merece o equipo do Baio?
A.C.: Para min, o Baio seguramente sexa o equipo que mellor xogo practica da Primeira Rexional. Un equipo que como base del, ten a xente da casa e con bos xogadores en todas as liñas. Ademáis contan co que para min é o xogador máis determinante da liga, MC.
QPC: Que agardas deste encontro de máxima rivalidade?
A.C.: Espero que sexa un partido como sempre cando nos enfrontamos ao Baio, de tensión e competitividade, onde aos dous nos gusta ter o balón e pelexaremos por facernos co control del.
QPC: No partido da primeira volta, o resultado foi de empate a un. Que cres que debedes facer para levarvos a vitoria no Platas Reinoso?
A.C.: Pois xogar sen pensar na clasificación, un partido de ti a ti. En Esteiro, tiñamos varias baixas e tivemos que pecharnos atrás pero non é o noso estilo. Sabemos do seu potencial e do noso, os detalles marcarán o partido.
QPC: Un resultado
A.C.: Calquera que traia os tres puntos para Esteiro!