Luns. 29.04.2024
El tiempo

A nova directiva do Corme CF toma o mando

Nova directiva do Corme CF 23-24-Foto.Fin Lema
Nova directiva do Corme CF 23/24-Foto: Fin Lema
A nova directiva do Corme CF toma o mando

A maioría xa levan tempo botando unha man, pero este verán toman o mando do club. Falamos na nova directiva do Corme CF.

Na asemblea celebrada este pasado venres, constituíronse os seguintes postos da directiva:

  • Presi: Higinia Vidal Vidal.
  • Vice: María Alvarez Bugallo.
  • Secretaria: Lorena Collazo Ferreiro.
  • Tesoureira: Ester Devesa Neira.
  • Vogais: Juan Vidal Torrado, Martín Varela Dourado, Manuel Vidal Varela, Abel Vidal Vidal, Eva Vidal Doldán, Yovanna Vidal Torrado, Silvia Cerviño Rodriguez, Juan Gómez Collazo e Jesús Pailos Varela.

Non son moitos os pais/nais de xogador@s (Juan, María, Martín e Lorena si teñen cativada nas categorías inferiores, e Juan Gómez é avó de xogadores), pero si que se nota unha renovación, na que cómpre destacar o paso adiante de Gini como presidenta, todo un valor para o Fútbol costeiro.

Nova directiva do Corme CF 23-24-Foto-Fin Lema 2
A presi Gini falando na asemblea: Foto-Fin Lema

Martín, Manuel e Abel serán directores deportivos, e contarán co apoio inestimable de Suso da Torriña, que quixo dar un paso ao un lado pero segue a ser ese traballo indispensable na sombra. “Sen el non poderíamos facer nada”, recoñecen do eterno (seguirá no posto) de delegado dun primeiro equipo que está xa ás ordes de Adrián Lema.

O club sae a competir esta 23/24 con 9 categorías con 140 fichas: Veteranos (este ano é novidade a súa incorporación plena ao club); Sénior feminino; Sénior masculino, Xuvenís, Cadetes, Infantil, Alevín, Benxamíns e Prebenxamíns.

E andan traballando para intentar formar un Promesas feminino cas nenas de Preb, Benx e Alevíns, polo que seguen rapazas pola zona que se queiran animar a xogar.

Comentarios