Este martes, nova sesión formativa online con 3 adestradores con ADN galego

Rubén Albés
Rubén Albés Yáñez rematou a súa andaina no UCAM Murcia CF da Segunda División B o pasado mes de outubro. O vigués, que ten 35 anos de idade, dirixiu nas dúas últimas campañas a dous filiais: o Real Valladolid B e o RC Celta B. Albés converteuse en 2010 no adestrador máis novo de España en categorías nacionais como segundo adestrador de Benito Floro no Wydad de Casablanca, de Marrocos. Posteriormente adestrou ao Novelda CF e na tempada 2014-2015 dirixiu en dúas etapas ao Eldense, ao que salvou do descenso nunha situación comprometida.
Rafa Sáez
O técnico pontevedrés Rafa Sáez goza doutra experiencia en Terceira da man do Arosa SC, un dos históricos da categoría e que este ano opta ao ascenso de categoría. Chegou a ser técnico de Primeira División co RC Celta (últimas oito xornadas da 2003-04 formando tándem con Ramón Carnero), pero sempre sentou en bancos da Segunda División B como os de Pontevedra CF, Logroñés e Coruxo CF.
Luis Carro
Luís Carro é o actual técnico do CD Ribadumia. A xunta directiva outorgoulle toda a súa confianza para devolver ao equipo a Terceira División tras o descenso do pasado curso e o equipo lidera na actualidade a táboa clasificatoria no Grupo 2 despois de completar un refacho glorioso.
Novas relacionadas
- Unha hora de multi-conversa con Huelvis.
- Conversa de cordura no Fútbol da Costa en tempos de coronavirus.
- O Fútbol da Costa bota o peche á temporada con total probabilidade.
- Rafael Louzan fala con QPC sobre o estado da situación competicional.