Martes. 19.03.2024
El tiempo

Fútbol da Costa

Unha hora de multi-conversa con Huelvis

Seguimos adaptándonos aos novos tempos. A verdade é que esperamos que as novas tecnoloxías chegasen para quedar, porque se cadra hai dous meses sería algo estrano chamar a alguén e facer unha entrevista por videochamada, máis aínda nun directo do instagram, pero esperamos que dentro de 6 meses sexa algo máis que normal.

Esta pasada semana tivemos unha entrevista e unha rolda de prensa en Zoom co presidente da Real Federación Galega, unha conversa tamén con 3 pesos pesados do fútbol da Costa poñendo un pouco de cordura ao momento que vivimos, e hoxe seguimos cos directos de instagram que xa abrimos con Óscar Leis e Fran Figueroa.

Hoxe pasamos unha horiña para falar con José Manuel Vázquez Rodríguez, “Huelvis”. Técnico municipal no Concello de Santa Comba (ogallá todos os Concellos tivesen técnicos como os xalleiros…) e un dos responsables da prolífica base do CF Dumbría. Un home multitarefa, dos que non deixan de facer cousas diversas, dos que non deixa nunca de aprender.

Un Huelvis que nos deixa auténticas experiencias, como as que estes días está vivindo colaborando en Protección Civil de Santa Comba casa por casa. E que nos deixa boas frases, como a de que a súa implicación do traballo débese á que el “traballa por Santa Comba, non no Concello de Santa Comba, como, como facían os xogadores de antes do Fisterra que dicían “Eu xogo por Fisterra”, non “eu xogo no Fisterra”.
Ademais, falando de fútbol base, recoñece que unha das cousas máis importantes do Dumbría é que intenta aprenderlle á rapazada a “traballar para gañar”, convertindo un club que acolle xentes de moitas partes da comarca nunha familia.
No tinteiro queda esa idea a implementar a nivel municipal de facer que toda a rapazada combine, entre os 5 e 8 anos varios deportes, para aprender a xestionar a frustación a nivel individual e colectivo.

 

Novas relacionadas

Entrevista en directo por imstagram

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Unha hora de multi-conversa con Huelvis