Novas perspectivas

02:37 26/05/17
Chegan os cuartos de final de Copa. con tódolos participantes centrados xa só no torneo do KO en con certas opcións
O Sofán pecha a liga ante o Noia
Cobra outra pinta o inicio dos cuartos de final da Copa da Costa, despois dos oitavos máis indignos que se lembran, con alineacións indebidas, equipos con sete xogadores e goleadas contundentes. Desta volta tódolos participantes están centrados xa só no torneo do KO e parecen ter un mínimo de opcións canto menos.
Haberá derbi no Pinguel. Ponteceso e Cerqueda, dous dos tres representantes de Bergantiños que aínda siguen con vida, escenifican un cruce sen favorito claro e no que se algo é seguro é o coñecemento total das virtudes e defectos do rival. Ven o cadro de Barca de cargarse ao campión de Terceira, nunha eliminatoria preciosa, mentres que con normalidade os cerquedenses desfixéronse dun descoñecido Sporting Zas.
Á Pedra Queimada de Malpica chega o único conxunto de Preferente que continúa con vida. Os locais, que se durmiron en Esteiro, atravesan pese a todo o mellor momento do curso, cun Brais esplendoroso que se medirá ao seu exequipo. Pola súa banda, o Dumbría parece que poña o que poña no campo é favorito ante calquera rival, e nin sequera acusa o desgaste dunha liga na que foi campión.
Duelo con cheiro a mar e a fútbol do de antes se poderá ver en Ara Solis, entre un Fisterra algo xusto de efectivos e tamén un pouco canso e un Camariñas imprevisible, que ven dunha eliminatoria rara ante o San Lorenzo. A baixa de De la Sierra, que non pode xogar Copa, e a chegada de Míchel múdanlle a faciana a un conxunto talentoso, irregular e coa velocidade como gran virtude.
Baíñas e Baio, noutro case derbi, abrirán a xornada ás catro da tarde. A pesares da diferencia clasificatoria na tempada regular, o talento de moitas das individualidades fan aos vimianceses un rival perigosísimo para calquera en eliminatoria directa.
Fóra da Copa da Costa o Soneira despedirá a liga de Preferente na casa ante o Arzúa, coa intencíon de resarcirse do pau e os dez goles en Viveiro. Ningún peche mellor para a estrea do Sofán na categoría que a visita ao Carral do campión Noia, mentres que o Xallas viaxa a Laracha, ante un rival que se xoga o ascenso. Na promoción de Segunda a Primeira, San Lorenzo descansará.
Ademais, estaremos atentos ao Xosé Luís Vara, onde arrinca o torneo de verán máis auténtico e lonxevo da comarca, o Campionato de Barrios de Esteiro que cumple nada menos que 40 anos.
O cadro estará actualizado en tempo real en www.copadacosta.com

Copa da Costa, Ida de Cuartos

PreferenteNorte, xornada 38
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 2

FasedeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

CopadaCosta Cadete, final

CopadaCosta Infantil, ida dos Cuartos

CopadaCosta de Veteranos

Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.