Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O balón non para

Esteirana na final Copa da Costa 2022
A Esteirana volve a Fontenla trala disputa da pasada final da Copa
O balón non para

Non para o balón no Fútbol da Costa apesar da situación xurdida pola folga dos colexiados da Costa, ante a saída de Vítor Recarei da Subdelegación.

A Real Federación Galega de Fútbol asegurou aos clubs que non vai incidir no desenvolvemento das ligas esta fin de semana, e mesmo que non se lle vai aumentar os recibos arbitrais polos maiores desprazamentos dos colexiados coruñeses que pitarán esta xornada.

Así, un dos focos de atracción será a visita da Esteirana ao campo de Fontenla, onde volverá despois do seu gran papel na pasada final de Copa. Os esteiráns queren recuperar a boa liña coa remataron o ano para seguir despegándose dos de abaixo, mentres o Xallas necesita gañar para non desengancharse da parte alta,.
Ademais, na , Soneira e Dumbría non poden fallar en casa ante Silleda e Calo se queren manter a posición de privilexio. E na zona baixa, se o Mazaricos non pode perder a ocasión de sumar 3 puntos ante o pechacancelas, o Baio terá a complicadísima visita do Negreira. Todos os partidos o domingo, o derbi Esteirana-Xallas ás 12:30h e o resto pola tarde.

Na Liga da Costa, o gran partido será o domingo no Cairo, entre Corme (3º) e o San Lorenzo (1º).

Ademais, na 3ª, haberá 3 partidos adiantados ao sábado, con interesantes choques na loita pola promoción.

Comentarios