Venres. 05.06.2020
El tiempo

O Bergantiños Controla o liderato e mesmo perdoa a goleada

O Bergantiños Controla o liderato e mesmo perdoa a goleada
O Bergantinos Controla O Bergantiños Controla Vitoria mínima dun Bergantiños que lle perdoou a goleada a un Céltiga inofensivo, que mantén ao cadro carballés no alto da 3ª División, con 4 puntos sobre o Racing de Ferrol, e 5 sobre o Barco.

Bergantiños - Céltiga (1-0)

  • Bergantiños: Cristopher; Borja Facal, Aarón, Marcos Rodríguez, Marcos Caridad; Diego, Toni, Baleato; Jorge Sáez (Álex Diéguez, m. 87), Cano e Ekedi (Cañi, m. 67).
  • Gol: 1-0: Baleato (m. 56).
300 espectadores nas Eiroas para ver ao cadro de Miguel Filgueira (que acabou expulsado por protestar) no máis alto da táboa. Os da Illa chegaron cun pelotón atrás -con tres centrais e dous laterais de moi curto percorrido- e pouca fe nas súas posibilidades na área do rival. Tamén se forrou o Bergan na medular, con Toni, Diego e Baleato, o que non lle restou presencia ofensiva; de feito, as chegadas de Baleato e -menos- de Diego puxeron en apuros aos visitantes. A iniciativa sempre foi do Bergantiños, que -balón parado e aparicións dos volantes aparte- insistiu en buscar a Ekedi polas bandas. Puido ter premio xa antes do cuarto de hora, cando o dianteiro adiantou a punteira a centro de Cano, pero o balón marchou fóra por unha cuarta. E máis cerca do gol estivo a seguinte ocasión dos carballeses, un cabezazo de Cano que sacou un defensa con Marcos Bermúdez batido. Así toda a primeira metade: o Céltiga esperaba e o Bergantiños armaba os centros desde os costados con pouca puntería, perdoando sempre. Como lle perdoou o árbitro ao Céltiga unha caída de Diego con toda a pinta de penalti. O guión non cambiou na segunda metade. O Bergantiños insistía na proposta, cómodo porque, malia o empate, o Céltiga apenas miraba a Cristopher. Cantou bingo axiña, cando Baleato matou co peito un rexeite e acomodou o balón para cazar unha fermosa semivolea. Non se deu por aludido o Céltiga ata o minuto 74, cando alixeirou a liña de centrais e recrutou a un centrocampista máis. O novo debuxo non tivo efectos no xogo, aínda que, polo si ou polo non, Figueira mandou a Diego a facerlle compañía a Caridad e a Marcos Rodríguez. Menos precavido atrás o Céltiga, o Bergan puido matar o partido en varias ocasións; a mellor, unha cabalgada de Cano, que o dianteiro preferiu acabar el cando tiña un compañeiro completamente só. A escaseza da vantaxe levou os nervios os de casa nos minutos finais, pero o Céltiga, curto de recursos, pouco fixo por aproveitarse.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-gran-reforma-para-o-complexo-deportivo-das-eiroas/  

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

comentarios