Luns. 09.09.2024
El tiempo

O Dumbría pega no primeiro asalto da #CopadaCosta 2017

O Dumbría pega no primeiro asalto da #CopadaCosta 2017
CopadaCosta 2017-Ida Dezaseisavos Arrincou a Copa da Costa 2016/2017 e o fixo neste festivo día de todos os Santos, nunha ida dos Dezaseisavos que se completará na ponte de decembro. Tiña un foco de atención esta eliminatoria, cun novo duelo copeiro entre Dumbría e Xallas, un clásico dos últimos anos. Foron os dumbrieses mellores que os xalleiros e levan un 2-0 para a volta que pode deixar na caseta, ás primeiras de cambio, ao actual campión. O esteirán Raúl e o ceense Diego Cespón foron claves na vitoria dos de Julián Ferreiro. Noutra das eliminatorias máis fermosas, Corme e Baio (na eliminatoria nº100 do equipo baiés) deixaron un partidazo e completaron un 3-3 que deixa todo aberto para a volta no Platas Reinoso. O resto de eliminatorias foron moi igualadas, e só Zas, Fisterra e Camariñas avanzaron bastante camiño cara os Oitavos, vencendo con amplitude a Coristanco, Laxe e Montelouro. O resto de eliminatorias quedaron con empates ou vitorias pola mínima que deixan todo aberto. Entre os partidos destacados, o Ameixenda-Baíñas, cun toma e daca e unha remontada espectacular dos ceenses. Como detalle destacado, o golazo de Míchel para o Cerqueda:

Novas relacionadas

Máis información

Comentarios