O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte


Inmellorable posta en escea para o primeiro equipo federado da historia do futbol feminino da Costa da Morte. Unha vez que a bisbarra é potencia en materia de Fútbol Sala Feminino, era hora de que o fútbol 11 tamén tivera presencia.
A familia das Miúdas xa está en marcha. Son 21 as rapazas que están ás ordes de Fran Figueroa, e que este pasado sábado 2 de setembro se presentaban oficialmente na casa, no Eleiterio Balayo.

O campo muradán acollía, cun ambientazo espectacular, un triangular entre As Miúdas, o Bergantiños Feminino e o Combinado da Costa. Máis alá dos resultados, Figueroa amósase “moi contento”, xa que “unha vez se quitaron os nervos e o "pánico escénico" dos primeiros minutos, deron máis que a talla, con xogadóns que ata levantaron a grada”. Mágoa das que non puideron estar nesta estrea, por lesión ou outros compromisos como bodas, pero que demostraron o seu compromiso estando pendentes a cada minuto.

O triangular comezou co choque entre as Miúdas e o Bergan. O equipo de Gueli amosou estar moito máis conxuntado e acabou vencendo por 1-4. O primeiro gol da historia das Miúdas, un auténtico golazo ademais, foi conseguido pola capitana, Antía Rey, mandando un misil dende fóra da área que levantou a todo o campo. Iso si, o tanto era o empate a un e só no treito final as carballesas conseguiron ampliar a renda.
No segundo choque, o Combinado costeiro, da man de David Castro, demostrou a calidade e o lote de campionas que teñen, facendo un fútbol que dá gusto ver. 1-4 venceron ás carballesas. E no último partido as muradáns caían 0-3 ante ese mesmo Combinado.
Unha auténtica festa do fútbol feminino da Costa da Morte para comezar unha campaña histórica. As Miúdas xa pensan no comezo da Liga da 2ª División, que non será ata outubro.



Novas relacionadas
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).