O Mazaricos lanza o seu Campus de base

08:11 05/07/17

Os nenos e nenas de 5 a 14 anos poden apuntarse xa ao II Campus de Fútbol do Mazaricos CF. Un campus que se desenvolverá nos Campos da Picota e do Pino do Val, do 17 ao 21 de xullo, de 10:00 a 13:30h, pero que terá ademais unha excursión.
O prezo é de 20€ (vai incluida a roupa de adestramento) e xa poden inscribir aos seus cativ@s no 981 867 104.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).