O Sofán gaña unha modélica final da Copa da Costa infantil
Gañou a SD Sofán pero a imaxe que quedará para o recordo é o dunha final modélica entre dous clubs que tan ben coidan a base. Dous equipos que contan nos seus bancos con xentes como Cantudo e Nando, dous verdadeiros formadores ademais de adestradres que dá gusto ver nos nosos campos.
Partía o Cee como favorito despois de vencer a Liga, pero tras un partidazo tremendamente competido, e tendo que chegar á prórroga, o cadro carballés confirma con resultados o bo traballo que leva facendo nos últimos anos na base.
Sofán - Cee (2-1)
- Sofán: Pablo; Rubén, Iván, Jose, Mateo; Souto, Cristian, Manu, Lucas; Adri e Raúl. Tamén: Pablo Suárez, Yelco, Dani Calvete e Jorge.
- Cee: Pablo Oreiro, Santi, Isaac, Iago, Anxo, Dani Chao, Alex, Xabi, Alex Castro e Leo. Tamén: Adrián Torices, Adrián Vilar, Julio Regueiro, José Manuel Conde e Pablo Rey.
- Goles: 1-0: Lucas dende fóra da área; (descanso); 1-1: Leo; (fin dos 80’ regulamentarios); 2-1: Manu de cabeza.
Partido tremendamente disputado cun Sofán que saía algo máis ambicioso. Na primeira metade hbou ocasións polos dous bandos pero foi Lucas o único capaz de romper a igualada para os carballeses.
Na segunda apuraba o Cee e Leo conseguía o empate e mandaba o partido ao final dos 80 regulamentarios, non sen antes o susto cun remate de cabeza de Souto que a piques estivo de marcar case que co tempo engadido.
Xa na prórroga marcou Manu de cabeza a saída dun córner, dando o triunfo aos sofanistas.
A imaxe do partido, o exemplar “pasillo” dos ceenses aos campións:
https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1338295086289145/Novas relacionadas
- Os penaltis levaron a Esteiro a Copa da Costa Cadete.
- O Cee repite a historia da loita xeracional ante o Outes e faise co título infantil.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).