Sábado. 18.05.2024
El tiempo

As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina

As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina
Debutou en partido oficial o equipo das Miúd@s-Foto-Chema Caamaño

Comezou a 2ª División Feminina, na que temos dous equipos en competición. No Gr.2, encadrado na zona santiaguesa, compite o novo equipo das Miúd@s de Fran Figueroa. No Gr.1 compite o Bergantiños de Gueli.

Pero esta primeira xornada está marcada pola convocatoria de varias rapazas da zona a participar no adestramento selección coruñesa feminina sub15. Onte acodían á Laracha as bergantiñás Laura Torrado e Noelia Amarelle do Bergantiños e a xogadora do Outes Xuvenil Marta Calvo. O equipo adestrado polo propio GUeli Cotelo comeza a preparar a primeira fase do campionato galego que se disputará o vindeiro 1 de novembro na sede aínda por determinar. Esta representación costeira no fútbol feminino afianza o gran incremento social do fútbol feminino na Costa da Morte.

Noelia Amarelle Laura Torrado e Marta Calvo Noelia Amarelle, Laura Torrado e Marta Calvo

2ª División, Gr.2, x.1

  • Resultado: Villestro - Os Miúdos (8-1)
  • Os Miúdos: Julia, Paula, Isa, Martina, Antía, Laura, Sara Cubelo, María, Gala, Bárbara e Natalia. E tamén xogaron, Melodi, Yaiza, Sara Romero, Iria e Lucía.
Fran Figueroa dando ordes as Miudas-Foto-Chema Caamano Fran Figueroa dando ordes as Miúdas-Foto-Chema Caamaño

Comezou o cadro muradán esta ilusionante temporada do debut, con moito calor, pero aínda con máis nervios. A pesar de que coñecían ás rivais coas que un mes atrás xogáramos un amistoso (9-0) no mismo campo, os nervos atenazaron ás debutantes e xa na primeira media hora levaban 4 goles no lombo, ante un rival superior en todos os aspectos, sobre todo, máis rodado.

Aínda así, Bárbara e María tiveron boas ocasións pero o equipo non era quen se situarse ben no campo e acabou a primeira metade cun claro 7-0.

No descanso, xa sen presión, tocaba intentar disfrutar. As de Fran deron un paso adiante, o que xuntado á relaxación das locais, provocou que as costeiras dominaran por momentos. Tanto Martina como Antía, dúas das capitanas, se puxeron a funda de traballo na defensa e só un despiste nunha contra provocou o único gol das locais no segundo tempo xa rematando o partido. Antes a porteira Julia, que apenas leva un mes baixo paus, demostrou ser unha referencia desde atrás sacando auténticos paradóns en ocasións de 1 contra 1.

O único gol muradán, o 1º gol oficial da historia dos Miúdos, foi obra de Bárbara no minuto 10 da segunda parte, tras un libre directo moi colocado que a porteira rival non conseguiu rexeitar. Unha Bárbara que con poucos adestramentos se fai dona de todo o frente de ataque e incluso recuperando en campo propio para coller a responsabilidade ofensiva do equipo.

En resumo, non foi un bo comezo en canto o resultado, ante un equipo que seguro vai pelexar polo ascenso de categoría e con 2 marchas máis que o resto de equipos que vimos nesta nosa curta andaina. Pero aparte do resultado, demostraron as muradáns non baixar a cabeza e apretar os dentes cando toca para demostrar que imos pelear e disfrutar cada minuto nesta competición.

Debut das Miudas-Foto-Chema Caamano 2 Partido Debut das Miúdas-Foto-Chema Caamaño  

2ª División, Gr.1, x.1

  • Resultado: Bergantiños - Vioño (3-0)
  • Bergantiños: Lucía, Piroja, Rabuñal (Cambón, m.60), Seo, Paula (Sabrina), Lorena, Irene, María, Andrea (Nerea, m.75), Tamara (Alejandra, m.70), Noe (Canosa, m.55).
  • Goles: 1-0, m.20: Tamara; 2-0, m.55: Tamara; 3-0,m .75: Laura Cambón.
Bergan feminino Primeira convocatoria do Bergan esta campaña

Puido o Bergan de Gueli cun equipo co que sufrira en pretemporada. Pero as rapazas do Bergan saíron moi concentradas e con gañas de alegrar á afección. O choque estaba prantexado para moito xogo directo polos dous bandos, sen querer arriscar na saída de balón. Seo e Piroja amosábanse moi seguras na defensa e sacando moitos despexes.

Ao cuarto de hora Tamara marraba un man a man pero non perdoaba o segundo. A igualdade continuaría no resto do primeiro tempo con poucas ocasións, se ben a visitante Moreta mandaba un balón ao pau.

No segundo tempo, as locais saíron máis metidas e Tamara ampliaba pronto a renda. Chegaba unha reacción das herculinas que subían liñas en busca do gol, pero Laura Cambón sentenciaba nun córner.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios