mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os penaltis levaron a Esteiro a Copa da Costa Cadete

Os penaltis levaron a Esteiro a Copa da Costa Cadete
Final da Copa da Costa Caderte 2017 Bo ambiente no municipal vimiancés para a Final da Copa da Costa Cadete 2017 Ambientazo no Municipal de Vimianzo para vivir unha final entre 2 equipos, que brindaron un grandísimo espectáculo, deixándose a alma ata o último segundo, nunha final disputadísima. A Esteirana foi quen de superar a todo un Fisterra, campión de liga nun choque que tivo que ir ata os penaltis.

Fisterra - Esteirana (1-1)

  • Fisterra: Quique, Puyol, Ángel, Roi, Rubén, Miguel, Rui, Yago, Diego, Ezequiel e Isaac. Tamén: Esparís.
  • Esteirana: Rubio; Álex, Carlos, Kevin, Rodri (Priegue); Farinós, Fran, Manuel (Núñez), Benji, Uxío (Óscar) e Robi.
  • Goles: 1-0, min.2 da prórroga: Ezequiel; 1-1, min.12 da prórroga: Robi.
  • Penaltis: - 1-0 Iván Esparís; - 1-1 Carlos; - Enrique e para Rubio; - 1-2 Benji; - 2-2 Miguel; - 2-3 Fran; - 3-3 Isaac; - 3-4 Farinós; - 4-4 Ezequiel; - 4-5 Robi.
Comezou o partido cun Fisterra algo nervioso, sabedor de que era claro favorito, e cunha Esteirana que deixaba claro que ía vender clara a súa pel, e viña disposto a pelexar polo título. Tivo Robi a primeira oportunidade, cun bo disparo dende o vértice da área, que respostou Enrique cunha gran parada. Co transcurso dos minutos, o Fisterra foi asentándose no terreo de xogo, tomou o mando do mesmo e dispuxo de tres boas ocasións para facer o primeiro en botas de Diego e Isaac. A máis clara, unha gran xogada de Isaac, intérnase na área, gaña a liña de fondo, centra raso e Diego remata no primeiro pau, marchando o esférico lamendo o pau da meta defendida por Rubio. Chegábamos ó descanso co marcador inicial de 0 a 0. Á volta de vestiarios, o encontro seguíu coa mesma tónica, dous equipos entregados, o Fisterra tentando gañar o medio do campo, e a Esteirana traballando a reo para tentando frenar a saída de balón dos fisterráns. Ó pouco da reanudación, chegou a xogada que cambiaba o choque. Un balón disputado no medio campo, remata cunha agresión de Rui sobre Farinós, o árbitro non o dubidou, e o Fisterra quedaba cun home menos. Lonxe de replegarse, o Fisterra seguía co seu xogo, e nun saque de esquina, o remate do atacante fisterrán batía no longueiro. A Esteirana saía con rápidas contras pero non conseguía concretar. Acercábase o final do encontro e Robi, tras sortear a un defensa, prantábase diante de Enrique, e este saía vencedor do man a man. Remataba o tempo reglamentario con 0 a 0, e íamonos á prórroga. Comezou a prórroga e o Fisterra golpeaba primeiro. O Fisterra roubou un balón tras saque de banda esteirán, e Ezequiel facía o primeiro. Os esteiráns non se viñeron abaixo, e seguírono intentando. Ós 12 minutos, nun balón longo, Robi gañoulle a espalda á zaga dos da vila do cabo, e cando encaraba a Enrique foi agarrado na frontal, supoñendo a segunda expulsión para os fisterráns. Robi non desaproveitou a ocasión, e mandou o lanzamento de falta ó fondo das mallas, poñendo o empate a uns. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1312660322185955/" width="600" height="600" onlyvideo="1"] Esteirana e Fisterra extenuados antes da prorroga Esteirana e Fisterra extenuados antes da prórroga Cos dou equipos fundidos físicamente, e co Fisterra con 9 homes, a segunda parte da prórroga foi un quero e non podo. A Esteirana quixo virse arriba pero sin inquedar en demasía a meta de Enrique. Remataba a prórroga e íamos ós penaltis. Unha cruel lotería que proclamou á Esteirana campión da copa, repartido ledicia nos esteiráns e desilusión nos fisterráns. Lamentable foi a imaxe que deron varios afeccionados detrás da portería berrándolle aos porteiros para meter presión durante a quenda. Esteirana campiona da Copa da Costa Cadete 2017 Esteirana celebrando o título da Copa da Costa Cadete 2017 A FGF tivo de novo o detalle de entregar medallas aos xogadores

Novas relacionadas

Comentarios