Martes. 15.10.2024
El tiempo

Os tragos, de dous en dous

Os tragos, de dous en dous

Cun pé no Congreso de entrenadores Concello de Carballo, haberá xornada partida na Copa da Costa, onde as eliminatorias máis abertas se xogarán o domingo; o Zas viaxa a Belvís na fase para tentar polo menos puntuar de novo.

Roco e Jesus Os capis do Fisterra e Xallas-Foto-JP Roco e Jesús, capis de Fisterra e Xallas, cos colexiados, na ida da eliminatoria estrella destes Cuartos da Copa da Costa 2016-Foto- JP Deixará actividade toda a fin de semana o fútbol da Costa da Morte, a pesares da decrecente carga de encontros. Para o sábado quedan os dous partidos que parecen de máis claro pronóstico no que a vencedor do cruce se refire. Unha das mellores tempadas na historia da Unión Deportiva Cerqueda ten un rato final. Sen presión algunha, pero todo un reto. Os de Emilio Uzal, se non queren dar por finalizado o curso, deberán superar por tres goles ao Sporting Zas, despois do 2-0 sufrido en San Andrés. Os de Víctor Pazos estarán a pensar no compromiso do día seguinte, pero xa competiron perfectamente o sábado anterior. Aínda que non sexa conseguir o paso, todo o que sea unha vitoria ou un resultado á altura serían a mellor homenaxe para a parroquia cerquedense. Tamén un órdago ten por diante a Unión Deportiva Corcubión, á que lle pesan a duración e importancia do curso. Dous goles, nun campo pequeno e contra un rival da experiencia do Mazaricos parecen moi difíciles de levantar. Haberá reforzo fisterrán na grada de Cubaleiro. E falando de Fisterra, o campeón de Liga viaxa aínda coa moral intacta á Fontenla. Haberá buses para quenes queiran apoiar aos seus no máis difícil, despois do 3-3 de Ara Solis, con gol na prolongación e de rebote incluidos. A igualdade e incertidumbre da ida deixan entrever unha tarde de fútbol espectacular, co Xallas ameazando á contra calquera pecado de ambición fisterrán. O derbi da fin de semana será novamente en Platas Reinoso. O cuarto cruce da tempada entre Baio e Soneira chega cun exiguo 2-1 para os vimianceses, que tiveron que remontar no Municipal. O perigo baiés na ida chegou á contra, pero agora o equipo deberá arriscar máis para remontar. O difícil parece que os de Manolito non marquen, visto o visto todo o ano. E na fase de ascenso, onde ninguén ten vencido aínda, o Zas acudirá en domingo ao feudo do Belvís, unha incógnita. O choque co Bastavales foi un aviso na súa primeira hora. Tamén teremos dous equipos do noso fútbol base dando un paso máis cara as Ligas Autonómicas. O Xallas Xuvenil recibe ao Portuarios no que sería a penúltima eliminatoria para acadar o ascenso, mentres que o Dumbría Infatil ten que visitar ao Polvorín. Ademais, a nivel comarcal as Copas Cadete e Infantil afrontan as súas semifinais, con grandes partidazos. E os Veteranos, tralas sorpresas dos Oitavos, arrincan cuns Cuartos do máis igualado que se recorda.  

CopadaCosta, Ida dos Cuartos

O cadro completo en www.copadacosta.com O cadro completo en www.copadacosta.com  

FasedeAscenso á 1ª Autonómica, xornada 3

O cadro completo en www.copadacosta.com O cadro completo en www.copadacosta.com  

FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil e Infantil

O cadro completo e actualizado sempre en www.copadacosta.com O cadro completo e actualizado sempre en www.copadacosta.com  

CopadaCosta Cadete, Ida das Semifinais

O cadro completo e actualizado sempre en www.copadacosta.com O cadro completo e actualizado sempre en www.copadacosta.com  

CopadaCosta Infantil, Ida das Semifinais

O cadro completo e actualizado sempre en www.copadacosta.com O cadro completo e actualizado sempre en www.copadacosta.com  

CopadaCosta dos Veteranos, Ida dos Cuartos

O cadro completo e actualizado sempre en www.copadacosta.com O cadro completo e actualizado sempre en www.copadacosta.com  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios