Martes. 23.04.2024
El tiempo

A primeira xornada do #FUTFEM pon ao completo o fúbol costeiro

Camarinas-Cee-Foto-Jose Campana
Imaxe do Camariñas-Cee-Foto-Jose Campaña
A primeira xornada do #FUTFEM pon ao completo o fúbol costeiro

Completouse unha nova xornada do Fútbol costeiro. O Fútbol Feminino foi protagonista ao arrincar a 2ª División Feminina na que xogan 7 equipos da comarca. Resultados dispares para as nosas, con vitorias para Corme, Dumbría e Xallas.

Era o debut fociial dos Ponteceso e Corme no Gr.2 e de Dumbría e Mazaricos no Gr.4, con resultados moi dispares.

Xa no masculino, na Preferente a nova estivo en Sigüeiro, onde o Fisterra conseguía remontar en 5 minutos un 3-1 adverso e acabou empatando a 4. O Sofán caía en Noia.

Dous derbis na Primeira, como gran foco de atenció da xornada. Soneira e Esteirana asinaban táboas e e o Dumbría sorprendía goleando ao Baio. Por arriba segue o Xallas imparable. O equipo de Adrián Vázquez venceu mesmo ao Negreira.

A xornada da Liga da Costa mantén ao Outes no máis alto, tras superar a todo un Corme. Castriz e Cabana superaron complicados choques ante Monte Louro e Coristanco, e o Cee soubo aguantar e vencer ao Camariñas. Importante tamén a vitoria do San Lorenzo a outro dos aspirantes, o Muxía.
O Oza volvía caer e queda como o único sen sumar, escoltado polo Muros (que caía e Xaviña ante o Cerqueda) e un Corcubión que foi gañando moitos minutos ante o Volantes pero acabou empatando.

Na 3ª, moita igualdade e moitos goles de novo. 5 equipos se manteñen no alto con 2 de 2, cos Porteño e Buño goleando de novo. Por abaixo, Malpica (que pelexou nun partidazo o sábado en Camelle), Laxe (que caeu pola mínima ante o Baíñas), Seaia (goleado polo Buño) e Ameixenda (goleado polo Porteño), seguen sen sumar.

Ademais, houbo xa xornadas da D.H. de Veteranos e nova xornada nas liga base.

Comentarios