Óscar Leis: “Deixo o fútbol, necesito extrañalo”
Unha das figuras máis mediáticas do fútbol costeiro necesita dar un paso a un lado, e queremos saber os porqués.
- A ver, sóltao. Por que deixas o fútbol?
Principalmente por cansanzo. Levo moitas temporadas seguidas no mundo do fútbol, con todo o que conleva. Ata o ano pasado estaba contratado, era o meu modo de vida, e acumulei moitas temporadas de forma consecutivas, e agora mesmo apetéceme desconectar do día a día, e apetéceme velo como un afeccionado máis. E tamén disfrutar da familia, que teño 2 fillos e un deles practica deporte, remo, e quero acompañalo e disfrutar de forma máis tranquila e relaxada da súa actividade.
- Foches un privilexiado, porque en Dumbría tiñas un contrato. Debe o fútbol modesto levar ese camiño?
A miña situación era un caso atípico. Nesta comarca que alguén vivira do fútbol como vivín eu é algo atípico. Non sei é o camiño a levar polos clubs, evidentemente os clubs necesitan xente que boten moitas horas, e o Dumbría nese sentido foi pioneiro e foi por diante do resto do fútbol modesto, e eu tiven a sorte de poder disfrutalo, vivilo e traballalo. Foron moitas horas e estou moi orgulloso e moi agradecido. A pesar de todo tomei a decisión o ano pasado de non seguir porque cría que a miña etapa en Dumbría estaba máis que terminada, e que era o momento de apartarme do club.
- Que ou quen te decepciona en todos estes anos?
Sempre digo que para que te decepcione alguén ten que ser alguén moi cercano, e podo presumir que as persoas que de verdade me importan e de verdade son importantes para min, tanto no familiar como persoal e de amizade, podo presumir que non me sinto decepcionado por ninguén. Teño a sorte de manter os mesmos amigos dende o berce, e a nivel fútbol saio con moitísimas amizades.
Si hai xente non tan cercana a min que non me respondeu, pero non podería dicir iso de decepcionarme.
- Que alegrías e que sacas de todos estes anos?
Alegrías moitas. Vas coñecendo xente tempada tras tempada moi boa. Unha das cousas das que pode presumir o Fútbol da Costa é a súa xente. Levo moita e moi boa xente.
No aspecto deportivo, cando logras os obxectivos, tes doble alegría, pero do máis satisfeito estou é que alá inde estiven intentei facelo da mellor maneira posible e os resultados están aí, e o que se fixo está aí.
- De que te sintes máis orgulloso do que fixeches estes anos?
De que alá onde vou sempre son ben recibido, sempre atopo amigos, e ao final é o que te levas do fútbol. Todos estes anos servíronme para coñecer un montón de xente boa, xa non só a nivel costeiro senón en toda Galicia. E todos eses vínculos que vas forxando son moi bonitos e a día de hoxe podo presumir que teño unha gran cantidade de amigos do mundo do fútbol.
Pero ademais, síntome moi orgulloso de que os nenos e nenas da Costa do club no que estiven puideran competir no máximo nivel Galicia que é chegar a División de Honra Cadete e poder competir cos mellores do país. Que os rapaces da Costa da Morte tiveran esa oportunidade é o que máis orgulloso me sinto.
- Que che quedou pendente?
Seguramente quedan moitas cousas, pero creo que a nivel club din todo o que tiña. O proxecto do Dumbría foi moi ilusionante, e gratificante no seu desenvolvemento, e véndoo dende a distancia foi algo que me enorgullece. Non teño a sensacións de que me quedou nada pendente porque sempre fixen o que crin oportuno.
Se cadra teño unha espiniña clavada non ter feito algo deportivo máis cerca de Lariño.
- Como valoras a túa implicación con QPC?
Estou moi agracedido de que me dérades a posibilidade de formar parte da familia de QPC, a través da páxina de deportes, do proxecto da televisión que disfrutei moitísimo, e que foi unha pena que non se asentase porque era un proxecto moi bonito para toda a comarca.
Sempre vou estar disposto para o que me necesitedes.
- Que cres que necesita de xeito urxente o noso Fútbol?
Necesita xente que crea de verdade no fútbol da Costa, e non me refiro aos clubs, senón á xente que está por riba dos clubs, e os propios clubs, se decaten que o Futbol da Costa non é de ninguén, é un ente propio no que todos temos que sumar, e no que os clubs teñen moito máis do que dicir do que están dicindo, o que lle deixan dicir ata agora.
É necesario máis que nunca que os clubs, dalgunha forma se unan, sen ninguén externo que controle, e traten de buscar o ben común. E creo que iso hai maneiras de facelo, e estou seguro de que facendo o Fútbol da Costa mellorará.
- E agora que?
Agora descansar, desconectar, e disfrutar dos fillos, da mila familia, a miña parella… sobre todo as fins de semana… sempre andas con presas, saes correndo da mesa… sempre andas con esa rutina e agora quero disfrutar desas cousas.
- Formarías parte dalgún proxecto vinculado ao fútbol?
Sempre me gusta aportar e se me propoñen algo se vexo que podo aportar cóstame dicir que non, pero agora a miña mente pensa noutra cousa, en disfrutar do fútbol dende lonxe dos banquillos. Así mo pide o corpo ou a cabeza. Si que teño algunha cousa en mente pero sen estar vinculada directamente a ningún club.
O INTERROGATORIO DE LEIS
- O Interrogatorio de Leis con… Miguel Chouza.
- O Interrogatorio de Leis con… Borja Facal.
- O Interrogatorio de Leis con… Trucho.
- O Interrogatorio de Leis con… Josiño Mira.
- O Interrogatorio de Leis con… Serguei.
- O Interrogatorio de Leis con… Dora.
- O Interrogatorio de Leis con… Vítor Recarei.
- O interrogatorio de Leis con Silvia Cancela.