Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Outes e Esteirana mediaranse na final da Copa da Costa Cadete 2019

Cadetes do Esteirana a final da Copa da Costa
Os Cadetes do Esteirana celebrando o pase á final da Copa da Costa
Outes e Esteirana mediaranse na final da Copa da Costa Cadete 2019

Este domingo 9 de xuño Esteirana e Outes mediranse na primeira final da Copa da Costa deste 2009. Mentres Xuvenís e Infantís aínda están en semis, como os maiores, os cadetes xogarán no Xosé Luís Vara de Esteiro a finalísima copeira, que comezará ás 11:30.

As semifinais foron claras. Na ida o Outes xa vencera 0-3 aos Miúdos no Eleuterio Balayo. No Cunchido o cadro da Serra non saíu a esperar e levou o control do choque. Tiveron os locais varias ocasións, sendo a máis clara unha de Juan á que respondeu Xavi cun paradón, evitando que se movese o marcador antes do descanso.
Na segunda o cadro muradán adiantou liñas e conseguía poñerse por diante moi pronto cunha fermosa volea de Alejandro. Pero non lle deu tempo a meterse na eliminatoria pois apenas 2 minutos despois Álvaro Sieira empataba aproveitando un rexeite. Cos Miúdos batudos, Siso facía o segundo ao rematar un centro dende a banda. Os Miúdos intentábano á desesperada pero eran os locais os que a base de contras puideron ampliar a renda, quedando o 2-1 para un Outes que se coloca noutra final.

Cadetes do Outes na final de Copa da Costa

Mentres, no Xosé Luís Vara, a situación era semellante. A Esteirana voltaba do Pinguel, do choque da ida, cun claro 0-2. A volta foi máis igualada, nun choque sen apenas ocasións, na que o cadro local non quixo arriscar, preferiu nadar e gardala roupa, ante un Ponteceso que o intentou pero sen sorte cara gol. Apenas na recta final marcaba o cadro local o único gol do partido.

Veremos como se presenta a final deste domingo 9 de xuño, ás 11:30 no Xosé Luís Vara.

Novas relacionadas

Comentarios