O Outes vive unha fin de de ensoño quedando campión das Ligas Xuvenil, Cadete e Infantil
- Dumbría e Vimianzo gañaron as semifinais na Fase Alevín e xogarán a final

Acollía o novo campo de Fontenla as finais das ligas comarcais Xuvenil, Cadete e Infantil. Gran ambiente o vivido en Fontenla, cunha gran protagonista, a familia do Outes. Xa era impresionante meter 3 equipos en cada final, pero gañalas déixaos absolutamente “nunha nube”, como nos recoñecía o seu secretario Carlos Romero. “Teremos que deixar pasar uns días para poder disfrutalo e logo volver ó traballo, a ver si o podemos redondear con algún ascenso”, sinala Carlos pensando xa nas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas, cuio sorteo se celebrará mañá en Santiago.
Lance da final xuvenil entre Outes e Sofán en Fontenla
En Xuvenís, o Outes enfrontábase ao Sofán, e o cadro da Serra vencía por 3-1, cos tantos de Roberto Solís, Ryan dos Santos e Manuel Teijo.
En Cadetes e Infantís había dous duelos xa son historia do Fútbol Base costeiro. Outes e Cee medían forzas despois de varias xeracións enfrontándose en final tras final. En cadetes vencían os branquinegros por 3-1 (cos tantos de Nicolás Gerpe, Aarón Insua e Sergio Campos), mentres que en infantís necesitaban dos penaltis, tras empatar a 3 goles (marcaron para os á postre campións, José Lago, Eloi Lado e Sergio Campos) para alzarse co título e pasar de fase. Eloi Lado foi o autor do penalti definitivo.
Fase Alevín
Dumbría Alevín
Tamén en San Andrés había fútbol, e fútbol de calidade. Xogábanse as semifinais da Fase Final Alevín. As EFM Vimianzo vencía precisamente ao Outes por 4-2, mentres que o Dumbría facía o propio co Cee, vencendo por 3-0.
Vimianzo alevín
A fin de semana que vén, aínda en campo por determinar, triple final:
- Alevíns: Vimianzo - Dumbría.
- Benxamín: Dumbría - Cee.
- Prebenxamín: Xallas - Dumbría.