O Campo de Xaviña ten todo listo para o Partido Solidario do Combinado QPC FEM en favor de Marco e de ASFEGA
Este sábado 4 de xaneiro de 2025, un día despois do Partido do Combinado Masculino no Conco, o Campo de Xaviña, Buño, acollerá o Partido Solidario do Combinado QPC da Costa FEM contra o Victoria CF.
O Concello de Malpica e a UD Cerqueda colaboran con Quepasanacosta na organización deste evento deportivo que servirá para recadar fondos para a Asociación ASFEGA (Asoc. Asociación fenilcetonúria de Galicia). A entidade é unha das que máis axudas ao pequeno Marco García Lema, rapaz de Cerqueda cunha enfermidade metabólica rara, que será o encargado de facer o saque de honra do partido.
O Combinado estará dirixido por Rubén Souto (Corme), acompañado por Fran Figueroa (Esteirana). Susana, da UD Cerqueda, fará de Delegada, con esta convocatoria baseada na Gala do Fútbol da Costa QPC do ano pasado:
Fila 0
Durante o descanso realizarase o sorteo de varios elementos como unha camiseta do Dépor Abanca asinada polas xogadoras cedida polo club branquiazul; unha peza de Olería de Buño cedida polo Concello e unha cesta conseguida pola UD Cerqueda.
Pero sempre está aberta unha Fila 0 para ASFEGA: ES46 2080 0300 8530 4012 0322
Concepto: Partido Solidario + número de móbil.
Encontro premio con dúas referentes
Na previa, ás 16:00h, haberá ademais un encontro no CAT de Buño, coas portas abertas para todas as xogadoras do Fútbol da Costa que poderán vivir un encontro con María Bardanca e Elena Vázquez, dúas referentes do noso deporte. O evento será moderado pola xornalista malpicá Laura Rodríguez de @mareandoxogo.