O Pinguel e o Cairo acollerán o Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub11 e sub13

Están a punto as Seleccións da Costa sub13 e sub11 para competir este entroido. E onde mellor que no Pinguel e no Cairo para facelo. Os campos de Ponteceso e Corme, gracias á colaboración da SD Ponteceso e do Corme CF, acollerán este vindeiro luns día 24 o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Masculinas das categorías.
Un total de 8 seleccións disputarán esta nova edición da cita autonómica na que se darán cita uns 250 xogadores. Entre eles, os nosos 32 representantes que vestirán a Amarela.
Este xoves e venres, precisamente, celebran a última sesión de adestramento en Baio e Zas, sendos así as convocatorias:
A sub11 de Carlos Romero
A Sub 13 de Eskío e Rubén
Unha soa xornada
O campionato sofre este ano importantes variacións. En primeiro lugar cambian as categorías co fin de facilitar o traballo dos seleccionadores galegos, pois deste xeito poden realizar a súa función de seleccións de xogadores con vistas xa á vindeira campaña.
Outra modificación importante é a fusión do campionato nunha soa xornada. Tanto na categoría Sub 13 como na Sub 11 as 8 seleccións participantes estarán divididas en dous grupos. A distribución é a seguinte:
- Na Sub 13 Masculina todos os encontros terán lugar no campo de O Cairo. O formato de competición será un sistema de liga (cada equipo disputará tres encontros) e os primeiros clasificados de cada grupo (A e B) accederán directamente á gran final do Campionato Galego.
- Na Sub 11 Masculina, pola súa banda, todos os encontros terán lugar no campo de O Pinguel. O formato de competición tamén será un sistema de liga (cada equipo disputará tres encontros) e os dous primeiros clasificados de cada grupo (A e B) accederán directamente ás semifinais. Os terceiros clasificados disputarán a loita polo 5º e 6º posto e os cuartos clasificados xogarán polo 7º e 8º postos.
Os partidos durarán 20 minutos en cada metade en sub13 e 15 na sub11 (F8).
Novas das Seleccións
- Febreiro 2020: As Seleccións da Costa collen ritmo de competición en Cee.
- Xaneiro 2020: As Seleccións da Costa póñense a punto no Conco.
- Xaneiro 20: “Estas Seleccións da Costa teñen moitas posibilidades de facer algo bonito”.
- Decembro 19: Posta de longo das novas Seleccións da Costa sub11 e sub13.
- Decembro 19: As novas Seleccións da Costa sub11 e sub13 póñense en marcha ás ordes de Carlos Romero, Skío e Muchi.