Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Preferente: Juan de Dora toma o Carral

305924852_2988436748124496_1069433970446235450_n
Imaxe do Sofán-Betanzos no Carral-Foto: Luis González para a SD
Preferente: Juan de Dora toma o Carral

Arrincou a temporada para os nosos dous equipos na Preferente. E fíxoo de xeito regular. Se en Ara Solis, este renovado Fisterra deu a talla e sacou un empate ante o Lemos, polo Carral van soñar toda a semana co seu ex Juan de Dora, autor de 3 dos tantos.

Fisterra - Lemos (2-2)

  • Fisterra: Aarón, Breixo, Julito, Vigo, Juan Formoso, Lobelos, Okasha, Diego, Ibrahim, Jano. Tamén: Ángel, Jose Suárez, Mauro, Juan Trillo e Martín Canosa.
  • Goles: 0-1, m.4; 1-1, m.35: Breixo; 2-1, m.40: Álex Vázquez; 2-2, m.50.

Con 4 baixas importantes chegaba o Fisterra de Ángel Ventanas e Isi, e comezaba o partido moi nerviosos, permitindo 3 ocasións claras para o cadro visitante en apenas 7 minutos, ademais do tanto que abría o marcador. Houbo que cambiar o sistema, e o partido igualouse, sendo superiores no cómputo do primeiro tempo e conseguindo darlle a volta ao marcador cos goles de Breixo, a rexeite dunha falta, e Jano.

Á volta dos vestiarios volveu pasar o mesmo, o cadro local saía durmido e en 5 minutos o choque volvía estar empatado. Foi un choque aí moi igualado, con poucas chegadas, agás un penalti que pediron os locais e unha de Breixo ao pau.

Aquí vemos o gol de Breixo:

Sofán - Betanzos (0-4)

11 do Sofan-Foto-SD
11 do Sofan-Foto-Luís González para a SD
  • Sofán: Brais, Iván, Daniel García, Diego, Juanjo, Alexandre, Pablo Parafita, Eibe, Fabián, Alex Gallego, Miguel Taibo. Tamén: Noe, Canedo, Fita, Alex López, Brais Cancela, Bandera, Alex Montes.
  • Goles: 0-1, m.32: pase de Pablo a Brais que queda corto e o aproveita o punta visitante; 0-2, m.36: de vaselina; 0-3, m.55: nunha contra en posible fóra de xogo; 0-4, m.62: nun córner.
Sofan-Betanzos no Carral-Foto-SD
Ambientazo, coma sempre, no Carral-Foto-Luis González para a SD

Tarde calurosa no campo do Carral ante un histórico do noso fútbol. Así e todo o cadro de Pablo Torreira saía dominador na primeira metade, e durante a primeira media hora tivo dúas boas ocasións para poñerse por diante. Pero chegou o m.38, e nunha xogada protestada polos locais, o coñecido Juan de Dora metíase diante do porteiro para abrir o marcador.

Doeu aínda máis o o segundo gol, ao fío do descanso, tras un despiste, o loureán volve desfacerse da marca e marcar.

Na segunda parte o Sofán intentou recortar distancias pero sin moito acerto, en cambio o Betanzos, tamén con Pablo Vigo nas súas filas, nunha contra consigue poñer o 0-3 e nunha xogada a balón parado o 0-4.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios