Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: Cura de humildade

Pablo Dominguez enfrontandose o seu ex compañeiro Canedo copia
Pablo Domínguez enfrontándose o seu ex compañeiro Canedo no Sofán-Arteixo
Preferente: Cura de humildade

Golpe crú do Fisterra en Sarria. O Fisterra non soubo aproveitar o tropezó dos seus perseguidores, que lle deixaron o camiño libre para poder abrir unha fenda de 8 puntos co 3º, mirando en fite o ascenso directo. Pero o equipo descoseuse, e acabou sufrindo unha goleada escandalosa que o obriga a volver a poñer o mono de traballo.

Polo demais, a xornada non foi mala para os nosos. O Xallas conseguía un empate, e merecía máis, ante todo un Galicia Mugardos (un dos que loita co Fisterra pola segunda praza de ascenso directo), e malia non saír dos postos de descenso, recurtou un punto co At. Coruña, o equipo que marca a salvación e que está só 2 puntos por diante.

Ademais, o Sofán segue gañando, (van 5 vitorias e 1 empate nas 6 últimas xornadas) e case que lle toca mirar cara arriba, pois ten ao Noia, equipo a día de hoxe en postos de promoción, a só 4 puntos.

 

Xallas - Galicia Mugardos (0-0)

  • Xallas: Coke, Cristian, Santi, Loureiro, Marcos Mouro, Peke, Borja, Marquiños, Doro, Jordan e Juan de Celia. Tamén: Jacobo Lois, Manu, Rieiro, Pablo Mato e Brais Espasandín.

Dominio absoluto do Xallas durante a primeira parte ante un inofensivo Mugardos que esperaba un erro para saír á contra. Juan de Celia en 2 ocasións, Doro, Marquiños e Jordan levaban o perigo e as ocasións pero inexplicablemente chegábase 0-0 ao descanso.

A segunda parte comezou igual, co cadro de David González dominando e con moita intensidade. Pouco a pouco o cadro ferrolán igualou forzas grazas ao dianteiro Permuy que forzou moitas faltas aguantando o balón. Ese parón de xogo freou as embestidas xalleiras nun partido que rematou con golpes nas dúas áreas pero cos porteiros máis acertados que os dianteiros.

 

Sofán - Arteixo (2-1)

11 do Sofan ante o Arteixo

  • Sofán: Brais; Rubén (Añón, m.86), David Castro, Gody, Viqueira; Juanjo, Canedo, Fabián (Fita, m.75); Alexandre, Paulo (Quintela, m.69), Luís (Martín, m.80).
  • Goles: 1-0, m.58: Paulo nun rexeite a un córner; 1-1, m.63: Taibo de penalti; 2-1, m.90: Alexandre dende fóra da área tras un córner.

Volve ser o Carral ese inexpulsable feudo de antano. Así o sufriu o Arteixo, que tamén chegaba nun bo momento, e que deixou constancia da súa pegada. Foi un partido con continuos ataques nas dúas porterías, intensidade nos duelos, bo ritmo de xogo, ocasións de gol para ambos equipos, penaltis e emoción ata o final.

Empezou avisando Rai para o Arteixo cun balón ao madeira, e pronto Paulo daba a réplica. Á media hora Gody tivo que sacar un balón baixo paus de Rai cando os visitantes cantaban o go.

Na segunda Rubén abría o carrusel de ocasións un bo tiro dende a frontar. E ao cuarto de hora chegou o marcador nun córner. Pero apenas 5 minutos despois, penalti e empate.

Estirábase o cadro visitante e Brais tiña que aparecer en dúas accións, antes de que o colexiado sinalase outro penalti, pero na área visitante. Pero Alexandre non pode superar a Jose. Quedaban 10 minutos e o Sofán estaba máis metido no campo rival. E tras unha serie de córner, o balón queda no borde da área, Alexandre o caza e lanza un balón ao pau para delirio do Carral.

 Alexandre e Paulo, os 2 protagonistas do partido pugnan por un balon no Carral copia
 

Sarriana - Fisterra (8-1)

  • Fisterra: Albor, Pablo Vigo, Colombia, Breixo, Julito, Santi Taboada, Julián, Capelo, Jesús, Adrián Makaay, Juan de Dora. Tamén: Jorge, Dani Marcote, Dani Martínez, Cristopher, e Lobelos.
  • Goles: 0-1, m.11: Adrián Makaay; 1-1, m.19; 2-1, m.20; 3-1, m.31; 4-1, m.40; 5-1, m.50; 6-1,m .70; 7-1, m.80; 8-1, m.83.

Fisterra no Carral

Golpe duro á SD Fisterra en Sarria, que criu que tiña gañado o encontro en Sarria e acabou sufrindo unha goleada tremenda. E iso que os de Canosa (que chegaban con baixas tan sensibles como as dos dous Aaróns), comezaron moi forte, e Makkay acertaba a primeira ocasión. Pero pouco lle durou a alegría, pois unha saída en falso de Albor deixaba empatar aos locais, que na seguinte xogada se colocaba por diante.

Eses goles fixeron moito dano ao cadro verde, que a partir do terceiro se rompiu tacticamente, provocando un resultado tan abultado.

 

Comentarios