Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Preferente: Doble derrota de Xallas e Sofán

Sofan no Carral ante o At Coruna
O Sofán caeu no Carral ante o At. Coruña. Fotos: SD
Preferente: Doble derrota de Xallas e Sofán

Mala fin de semana para os nosos equipos na Preferente.

Preferente, Gr.B, xornada 6

  • Resultado: Boiro - Xallas (4-2)
  • Xallas: Álex Díaz, Jacobo, Aitor,Erre, Doro, Borja, Alex Blanco, Pablo Losada, Josito, Uxío, Andrés Vigo. Tamén: Coque, Stefan, Caridad, Adrián López, Manu Romero, Adrián Pose.
  • Goles: 0-1, m.20: Uxío; 1-1, m.39: 2-1, m.47; 3-1, m.53; 4-1, m.73: de penalti; 4-2, m.72: Losada; 5-2, m.88.

Pintaban ben as cousas ao principio para o Xallas tralo gol incial de Uxío en Boiro tras unha xogada a balón parado. O cadro de David González maniatou moi ben o podería dos da Barbanza e durante a primeira metade foron mellores. Xusto antes do descanso chegaría o tanto, dos chamados psicolóxicos, dos locais.

Nada máis saír dos vestiarios, o Boiro facía o segundo e antes de que se cumplen os 10 da primeira parte o segundo. O Xallas reaccionou pero os locais sentenciaban preto do final.

Preferente, Gr.A, xornada 7

11 Sofan no Carral ante o At Coruna

  • Resultado: Sofán - At. Coruña Montañeros (0-2)
  • Sofán: Alex López, Viqui, Iriso, Dani Becerra, Canedo, Alexandre, Raúl, Martín, Paulo, Jacobo Eibe e Fabián. Tamén: Dopico, Brais, Raúl Añón, Diego, Vía, Aye e Raúl Varela.
  • Goles: 0-1, m.4; 0-2, m.85.

Primeira derrota do Sofán nesta liga express onde en ningún momento os locais se sentiron cómodos. O Atlético Coruña adaptouse de maneira inmellorable ao Carral onde fixo o que tiña que facer, unha defensa rocosa, xogo directo sobre Rubén Rivera e Xavi e transicións rapidas para contragolpear.

A primeira ocasión tívoa Raul para oslocais tras unha boa asistencia de Martín. Cando non se daban nin apenas 5 minutos os herculinos marcan aproveitando un rexeite de Viqui que xa salvaba un balón na liña de gol.

O Sofán tiña o balón pero non podía coa tela de araña dos visitantes. Apenas un bo tiro de Raúl na área pequena e un corner o que por pouco non remacha Iriso creaban perigo.

Na segunda, con movementos no banco, o Sofán volcábase, pero nunha contra o Coruña sentenza. Aínda así o Sofán segue lider, con 2 puntos sobre o Victoria e o mércores ten unha nova oportunidade para resarcirse onde recibirá de novo na casa o Betanzos, comezando a 2ª volta.

Os resultados e as táboas en www.futboldacosta.com

Crónicas da Preferente

Comentarios