Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Preferente: Dous empates moi valiosos

Arteixo - Fisterra
Arteixo - Fisterra
Preferente: Dous empates moi valiosos

Arteixo 1 – 1 Fisterra

Fisterra: Bouzi; Lobelos, Cea (Colombia, 74’), Aarón López, Pablo Vigo; Diego Cespón (Adrián Makaay, 60’), Dani, Julián, Richi; Capelo e Diego Estévez.

Goles: 1-0, 73’: Iago Blanco / 1-1, 81’: Aarón López.

Visitaba o Fisterra a Ponte dos Brozos tras un mal partido na casa e con varias baixas en defensa, pero unha vez máis demostrouse que na fin do mundo canto máis difícil é o reto, máis gañas teñen de superalo. Ante un Arteixo que viña de seis vitorias consecutivas, os de Juan Purrúa bordaron o aspecto defensivo e solidario para traer un punto de ouro de volta.

É certo que os locais foron os dominadores do encontro a través da posesión, pero Bouzi non tivo máis traballo que o de atallar disparos moi afastados. So nun erro de Julián, o Arteixo atopou a maneira de facer o primeiro a quince minutos do final. Foise arriba entón o Fisterra a buscar a igualada e outra vez Aarón, como na Puebla, a conseguía ao rematar un córner.

undefined

Paiosaco 1 – 1 Xallas

Xallas: David; Julito, Caneda, Brais, Aitor; Josito, Doro, Xan Caridad; Gándara, Juan de Selia (Stefan, 61’) e Carlos Rieiro (Adri Periscal, 85’).

Goles: 0-1, 22’: Xan Caridad / 1-1, 65’: Iván Amor.

Como se lle está a resistir ao Xallas esa segunda vitoria da tempada que tanta falta lle fai, pero hai que destacar tamén o valor que ten un punto nun campo tan difícil como a Porta Santa. Os de David González comezaron mellor, aínda que o partido foi moi pechado, con poucas ocasións e con moita intensidade. Doro probou sorte xusto antes do gol, que foi obra de Xan tras un bo disparo.

Ata o descanso aguantaron ben as ofensivas locais, pero na segunda metade o empurre do Paiosaco foi xa demasiado. Ata tres ocasións tiveron para empatar antes de que Iván Amor o conseguise con moito tempo aínda por diante. Pero o certo é que despois do gol xa non se viron máis grandes oportunidades, e o Xallas non estivo tan incómodo como se podería presaxiar.

Comentarios