Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Preferente: Un empate contra o diluvio e unha derrota contra o segundo

Noia-Sofan-Foto-Luis Gonzalez Para a SD-11
11 do Sofán a semana pasada ante o Noia no Carral-Foto-Luís González para a SD
Preferente: Un empate contra o diluvio e unha derrota contra o segundo

Non puido o Fisterra co potente Sarriana, situado xusto detrás do imparable Betanzos. Pola súa parte o Sofán non puido pero co diluvio que encharcou o céspede da Cheda.

Sarriana - Fisterra (3-1)

  • Fisterra: Aarón, Breixo, Mario, Julito, Andrés Vigo; Lobelos, Diego, Mamadou, Hibrahim, Islam, Juan Formoso. Tamén: Isaias, Aarón, Lois e Juan Trillo.
  • Goles: 1-0, m.22; 2-0, m.44; 2-1, m.51: Breixo; 3-1, m.58.

A pesar de ter bastante controlada a primeira metade, un par de chegadas dos locais, tremendamente efectivos, permitíanlle marchar con dous goles de vantaxe aos vestarios. Pero repuxéronse os costeiros, aos que o segundo gol ao fío do descanso non fixo máis que espertar. nada máis dos vestiarios, Breixo facía o seu cuarto gol da temporada. Aí estaba o empate, co equipo combinando e chegando a área contraria, pero 10 minutos despois a pegada dos locais volvía facer dano e ampliar a renda. A 15 para o final, aínda Islam puido meter aos seus no partido pero marrou un balón que lle deixou tras unha xogada espectacular Hibrahim, pero non houbo sorte e o partido esmoreceu.

Residencia - Sofán (0-0)

  • Sofán: Brais, Juan, Goduy, Noe, D. Garga, Pablo, Fabián, Parafita, Eibe, Dani Peña e Bandera. Tamén: Álex López, Iván Canedo, Miguel Taibo, Juanjo Díaz e Álex Montes.

O partido viuse absolutamente condicionado polo estado do céspede da Cheda despois da chuvia que non parou de caer nos 90 minutos. Ningún dos dous equipos se conseguíu adaptar e apenas un un balón que tivo que parar Brais e acabou pegando no pau aos 2 minutos, ou un man a man de Bandera e un tiro de Fita puideron cambiar o marcador inicial.

Todas as crónicas de Preferente

A táboa en futboldacosta.com

Comentarios