Luns. 20.05.2024
El tiempo

Preferente: O Fisterra ponse a soñar

Dubra Fisterra
Imaxe do Dubra-Fisterra de Ángela da Anchoa
Preferente: O Fisterra ponse a soñar

Segunda vitoria seguida do Fisterra neste 2022 que fai soñar aos Rapacollóns. Xa ten o cadro de Porrúa 21 puntos, que serán 24 cos 3 do Estudiantil (que non se presentou nun partido adiado no seu día que se ía xogar entre semana), que os colocarían na 4ª posición, por riba do Paiosaco, e por a 2 puntos do Dubra pero con 3 partidos menos.

Pola contra, malas novas para o Xallas, que tras comezar o curso con 3 de 3, suma agora 3 derrotas seguidas que o deixa moi abaixo.

 

Dubra - Fisterra (0-1)

  • Fisterra: Bugy, Pablo Vigo, Breixo, Aarón Fdez. Aarón Lobelos, Víctor Casais, Aarón López, Diego Cespón, Julián, Capelo e Adrián Makaay. Tamén: Iván Bouzón, Dani, Richí, Vía, Estévez, e Andrés Vigo.
  • Gol: 0-1, m.40: Aarón López.

Vitorión do equipo de Juan Porrúa na súa visita ao Dubra, gracias a un gol de Aarón López, que aprovetou un barullo dentro da área local para lanzar un voleón e marcar o gol que sería definitivo.

Primeira metade moi igualada, co cadro local facendo dano pola banda dereita fisterrá. Pero o gol de Aarón López permitiu afrontar a segunda metade con máis calma. Saían xa corrixindo o problema, coa saída de Dani no lateral dereito, e se ben tiveron máis o balón aos locais, os fisterráns buscaron tamén as contras pero non chegaron ocasións importantes en ningunha área.

"Isto é o fútbol. Cando todo parecía ir mal, con moitas baixas, partidos adiados, malos resultados... De repente, gañas dous partidos, pendentes dos 3 puntos do Estudiantil que sairán mañá, e si que damos un salto importante na clasificación. E xa o vemos doutra maneira. Pero tamén sabemos o que costa gañar cada partido. A nosa idea é quedar o máis arriba posible, pero sempre o noso obxectivo é o partido seguinte, e despois a competición xa te porá onde o mereces", explica Juan Porrúa.

Así foi o gol de Aarón:

 

O Pino - Xallas (0-1)

  • Xallas: Coke, Diego, Brais, Colón, Julito, Jose Eizaguirre, Xan Caridad, Carlos Rieiro, Borja Gándara, Doro. Tamén: Adrián Periscal, Luís, Caneda e Adán.
  • Gol: 1-0, m.67.

Mala serie leva o Xallas con esta terceira derrota seguida, desta volta, nun partido merecedor do empate. Foron mellores os xalleiros na primeira metade, malia que apenas houbo unha ocasión, que ben puido cambiar o rumbo do partido. Nunha presión alta, Doro roubaba un balón ao borde da área, e o defensa derríbao. Do que puido ser expulsión e perigosa falta, o colexiado deixouno en nada.

Na segunda parte subiron liñas os locals e conseguiron adiantarse a balón parado. A partir de aí conseguiron nadar e gardar a roupa ante un cadro de David González que o intentou pero non foi quen de crear ocasións para acadar o empate.

Resultados e clasificación en futboldacosta.com.

Máis crónicas de Preferente

Comentarios