Sábado. 28.03.2020
El tiempo

Preferente: O Fisterra xa voa ao ritmo de Juan de Dora e coa axuda do Sofán

O Fisterra fai soñar a todo Ara Solis
O Fisterra fai soñar a todo Ara Solis
Preferente: O Fisterra xa voa ao ritmo de Juan de Dora e coa axuda do Sofán

Importante vitoria en Ara Solis deste Fisterra que segue facendo soñar aos seus cun hipotético e histórico ascenso á Preferente. Onte tivo ademais a axuda do Sofán, que sumou tamén 3 importantes puntos para escapar da zona perigosa ante o Noia, volvendo facer do Carral ese fortín.
Pola contra, o Xallas, malia competir ben, aínda ten moito que mellorar para saír do pozo.

 

Fisterra - Lemos (4-3)

  • Fisterra: Adrián Albor, Pablo Vigo, Breixo, Aarón Fdez., Piti; Aarón López, Andrés, Herbert, Julián, Jesús e Juan de Dora. Tamén; Jorge, Dani Marcote, Mani Martínez, Santi Taboada.
  • Goles: 1-0, m.21: Juan de Dora; 2-0, m.27: Juan de Dora; 2-1, m.40.; 3-1, m.60: Julián; 3.2m n,67; 4-2, m.75: Juan de Dora; 4-3, m.86.

Partido tolo, algo atípico este ano en Ara Solis, o vivido este domingo. E tivo como protagonista a unha das novas incorporacións: o dianteiro loureán Juan de Dora, que puxo á bancada en pé facendo 3 goles no seu segundo partido ca camisola verde e na súa estrea na casa, ao máis puro estilo Jimmy Floyd Hasselbaink. Debutaba ademais o porteiro Albor.

O Lemos prantou cara e non se rendeu a ningún dos golpes dos locais, demostrando por que empatara a semana pasada ao Viveiro a pesar de estar na zona baixa. Foi metendo medo obrigando a SD a poñer unha marcha máis a cada minuto.

 

Sofán - Noia (2-1)

11 do Sofan que derrotou ao Noia

  • Sofán: Brais; David Castro (Rubén, m.82), Becerra, Gody, Viqueira; Canedo, Juanjo (Paulo, m.61), Fabián; Alexandre (Quintela, m.77), Raúl, Parafita (Matías, m.72).
  • Goles: 1-0, m.2: Alexandre de falta directa; 1-1, m.60; 2-1, m.65: Alexandre.

Volveu o espíritu do Carral, e fíxoo levando en volandas ao equiop de Alberto Rodríguez para vencer a un dos cocos da competición.
O partido metíase de cara co gol inicial de Alexandre de falta dende a frontal, superando a barreira. Saía ben decidido, mantiña unha presión moi alta, roubando e facendo dano como un pase de Parafita que Fabián non consegue superara ao porteiro. Estaba protagonizando grandes minutos a SD cando o colexiado saca un cartón amarelo a Raúl ao entender que simulou un penalti, e na xogada seguinte o expulsa por unha disputa cun rival. Con 10 quedaba o Sofán e unha hora por diante. Aguantou o último cuarto da primeira metade sen problemas, así e todo.

Comezou forte o Noia, co típico arreón inicial ao saída dos vestiarios, e malia que aguantou ben o primeiro envite, si que conseguía empatar nun córner. Pero a SD non se agochaba, e o público do Carral empurraba para facer case como 11 contra 11. Anxo rematou un bo balón e un munuto despois unha arancada de Alexandre convírtese no 2-1.
O Noia adiantou liñas e a SD, ben armada, tivo un par de contras de Viqueira para sentenciar. Xusto antes do remate, un gol dos visitantes era anulado deixando a ledicia nas bancadas locais, con 3 puntos que ademais supoñen un colchón de tranquilidade cos temidos arrastres.

 David Castro dun Sofan puido co Noia
David Castro na imaxe do Sofán-Puebla

Puebla - Xallas (3-0)

  • Xallas: Julián, Lois, Santi, Loureiro, Marcos Mouro, Borja, Jordan, Marquiños, Juan de Celia, Doro e Pablo Mato. Tamén: Cristian, Manu, R, Adrián, e Álvaro.
  • Goles: 1-0, m.20; 2-0, m.60: 3-0, m.70.

Competiu ben o Xallas a pesar do resultado na Pobra. E tivo ocasións, pero non estñán finos en ataque os de David Blanco. Foi un choque moi igualado nos primeiros minutos, co cadro local tendo máis dominio de balón e algunha ocasión. Non fixo ben o balance defensivo o cadro xalleiro tras unha contra e o equipo local se adiantaba tras un penalti, obrigando ao Xallas outra vez a ir a remolque. Comezaron a dominar os costeiros, deixando aos rivais en campo contrario, pero sen acabar de crear perigo.
Pasados 20 minutos da segunda parte, a primeira vez que sae o Poboa do seu campo transfórmao en gol e, pouco despois metía o terceiro e acababa así o partido.

 

Todas as crónicas de Preferente.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

comentarios