Venres. 29.05.2020
El tiempo

Preferente: Un golazo de falta

O Fisterra venceu en Laracha cun golazo de Herbert de falta
O Fisterra venceu en Laracha cun golazo de Herbert de falta
Preferente: Un golazo de falta

Pouco positivo se pode rescatar desta xornada 20 para os equipos costeiros, e hai que marchar ata Laracha para velo. O golazo de Herbert, de falta, que vale 3 puntos para que o Fisterra, que aproveitou o tropezo do Boiro para afianzar a segunda praza, siga facendo soñar a todo un pobo.

As malas novas chegaron dende Santa Comba, onde volvía caer un Xallas que ve como a salvación se lle escapa, unha vez que o Montañeros (o que a marca) eran quen de vender a un Sofán que non dá escapado da zona perigosa, cos arrastres sempre no aire.

 

Xallas - Residencia (1-2)

  • Xallas: Coke; Peke (Doro), Loureiro (Juan de Celia), Jacobo, Cristian, Jordan (Manuel), Marquiños, Carlos (Grille), Blanco, Pablo Mato (Camilo) e Borja,.
  • Goles: 0-1, m.44; 0-2, m.53; 1-2, m.78: Juan de Celia.

Escapóuselle o partido ao Xallas, un choque sen un dominador claro e con poucas ocasións. O equipo de Adrián Lema quería comezar co balón pero as chegadas durante o primeiro tempo eran bastante tímidas. O equipo visitante apenas pisou a área de Coke, e na primeira chegada real, xa ao fío do descanso, era quen de abrir o marcador.

Deixou tocado ese gol psicolóxico ao cadro xalleiro, que saíu na segunda metade polo partido, pero volveuse atopar con outro gol en contra, noutra illada e desafortunada xogada. Quedaba máis de media hora de xogo e o Xallas confiaba na remontada, coas saídas de Camilo, Juan de Celia e Doro. Foi o muradán o que recurtaba tras un bo recorte, xa co equipo lucense practicamente colgado do seu pau longueiro. Alex Blanco (antes de ser expulsado por doble cartón xa no m.90) e Mato puideron rescatar un puntiño pero non tiveron sorte e condenaron ao Xallas a esta inxusta derrota.

 

At. Montañeros Coruña - Sofán (2-1)

  • Sofán: Brais; Raúl Añón, Canedo, Gody, David Castro (Rubén, m.80); Fabian, Carro (Matías, m.65), Juanjo; Alexandre (Becerra, m.85), Quintela (Raúl, m.70), Fita (Paulo, m.73).
  • Goles: 0-1, m.3: Fabián; 1-1, m.42; 2-1, m.80.

Sofan na Grela ante o At Montaneros

Con cara de cabreo saí a SD da Grela, dun partido que se lle puña de cara tralo gol inicial de Fabián tras un saque de banda que peitea ParaFita. A réplica do Montañeros non tardaría moito nunha boa acción individual Quique Cubas supera a Gody e David Castro para plantarse diante de Brais, facerlle unha vaselina e cando estaba a piques de cantarse o empate o balón e despexado por Juanjo na liña de gol.
O Montañeros buscaba constantemente a Quique Cubas en balóns longos pero que eran cortadas pola defensa sofanista. O Sofán intentaba combinar en medio campo con Fabián e Carro e con boas incorporacións polas bandas, sobre todo de Fita, moi participativo.
A 5 do descanso chegaba o empate local nun bo pase entre liñas de Cubas a Kevin, os dous mellores do Montañeros.

Na segunda metade intercambiaronse os papeis, e o Montañeros quixo ter máis o balón fronte a un Sofán que quizais xogou demasiado en longo. Os de Alberto Rodriguez quixeron aproveitar estas situacións metendo a Raúl no campo. Houbo varias accións dubidosas dentro da área do Montañeros que o árbitro non apreciou, primeiro nun manotazo sobre Fita e despois en duas accións sobre Raúl e Juanjo. E no tramo final, e cando o partido parecia que iba acabar en empate chegou o 2° gol do Montañeros nun balón en longo para a carreira de Diego que centra para que remate Kevin no 2° pau e poña o 2-1 definitivo.

 

Laracha - Fisterra (0-1)

  • Laracha: Pablo, Alan (Ramón), Arejula, Prosi, Ayaso, Toni Insua, Dapo (Losada), André, Alex Figueiras e Pedro (Iago Garrido)
  • Fisterra: Iván Bouzón (Jorge, m.90), Pablo Vigo, Breixo, Julito, Piti; Aarón López, Roa; Julián López, Jesús (Dani Martínez, m.60), Herbert (Dani Rubia, m.84) e Adrián Makaay (Cristopher, m.80).
  • Gol: 0-1, m.79: Herbert de falta.

Con este golazo de Herbert, a SD Fisterra sentenciaba un choque en Laracha moi intenso, no que o cadro fisterrán levou o control do balón. Foi un choque moi táctico, e a SD soubo maniatar ben as saídas dos locais, que tiveron dúas boas contras e un córner. Os fisterráns tamén se achegaron por medio de Makaay (dúas boas oportunidades) e outra de Herbert, antes do seu golazo.

Na segúnda metade o equipo fisterrán seguía dominando a un Laracha que pechado atrás esperaba a súa oportunidade atrás , pero a seriedade dos de Canosa foi máxima. Chegou o gol de Herbert e finiquitou o partido, permitindo que o equipo siga facendo soñar a todo un pobo, e a toda unha comarca.

Nos minutos finais o porteiro Iván Bouzón sufría unha lesión de xeonllo que, segundo as primeiras inspeccións, pode non ser grave.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

comentarios