Preferente: Historias diferentes

O Sofán logrou unha axustada vitoria ante o Órdenes nun partido cheo de alternativas, tralo cal, os de Iván Cancela practicamente teñen garantizada a súa permanencia na Preferente Galicia para a vindeira tempada.
Pola súa banda, o Xallas sufriu un castigo excesivo ante o líder logo de realizar un gran encontro no que As Pontes soubo aproveitar moi ben as súas oportunidades para acadar unha vitoria coa que acariña a Terceira División, mentres que os xalleiros seguen sen saír da zona de perigo.
SD Sofán 4 – 3 Órdenes SD
SD Sofán: Rumbo, Rubén, Pablo Domínguez (Camilo m.62), Sera (Iván Rey m.68), Antonio, Canedo, Eibe (Luis m.62), Matías (Juanjo m.62), Alexandre, Quintela e Raúl.
Órdenes SD: Borja, Lucas, Bruno (Jonathan m.32), Pablo, Álvaro (Dani m.84), Chiño, Villa (Víctor Hervés m.57), Carlos, David (Barca m.84), Jorge e Roi.
Goles: 0-1 m.5: Chiño; 1-1 m.16: Raúl; 2-1 m.38: Quintela; 2-2 m.46: Jonathan; 2-3 m.58: Lucas; 3-3 m.79: Quintela (p); 4-3 m.80: Alexandre.
Igualdade máxima nuns primeiros minutos, nos que o Órdenes se adiantaría cun gol de Chiño logo dunha transición rápida.
Este gol tempraneiro non cambiaría nada ata que Raúl fixo o tanto da igualada, momento no que o Sofán se veu un pouco arriba para contar con varias ocasións para adiantarse no luminoso pero os de Iván Cancela non acertarían ata o minuto 38, cando Quintela sorprendía aos ordenses cunha efectiva chilena.
No treito final desta primeira metade, Álvaro puido facer o empate a dous pero non lograría materializar ningunha das dúas oportunidades coas que contou antes do paso por vestiarios.
A segunda parte comezaría cun gol no primeiro minuto da reanudación dun Órdenes que fixo a igualada cun testarazo de Jonathan. Este gol deulle folgos a un conxunto ordense que se mostrou superior e que se poñería por diante no marcador grazas a un tanto de Lucas.
Tras isto, os trocos feitos por Iván Cancela deron os seus froitos e devolveron a igualdade a un partido que tería dúas accións polémicas cun gol anulado a cada equipo por dous protestados fóras de xogo.
E no tramo final do partido, un penalti transformado por Quintela e unha gran xogada colectiva materializada por Alexandre daríanlle a vitoria aos do Carral.
Xallas FC 0 – 5 CD As Pontes
Xallas FC: Koke, Santi (Mata m.81), Dany Becerra, Abel (Adrián m.78), Doro, Julián López, Carlos (Víctor m.87), Marcos, Rubén, Jaco López e Óliver.
Goles: 0-1 m.45: En propia porta; 0-2 m.69: Quique; 0-3 m.73: Carlos; 0-4 m.77: Quique; 0-5 m.84: Álex.
Expulsión: O xalleiro Rubén con cartón vermello directo.
O Xallas plantoulle cara ao todopoderoso As Pontes nunha primeira metade sen claro dominador nin ocasións.
Pero unha desafortunada xogada para os xalleiros convertiríase no 0-1, despois de que Óliver introduxese o balón na súa propia portería.
O Xallas sairía moi enchufado no segundo acto e puido igualar a contenda por medio de dúas ocasións de Jaco López que solventaría Paco e cun gol anulado a Abel por un dubidoso fóra de xogo de Doro.
E practicamente na seguinte xogada, Quique faría o 0-2 nunha contra na que houbo un posible fóra de xogo, que propiciou a expulsión de Rubén nas protestas.
Nos últimos minutos, os ponteses redondearían o 0-5 cos goles de Carlos, Quique e Álex.