Preferente: Unha oportunidade de ouro que escapa de Ara Solis
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Xornada fallida para a Costa, cunha derrota do Xallas, e un empate do Fisterra, pero que sabe a derrota. Os fisterráns foron vencendo todo o partido e un tanto de Viturro no desconto acabou provocando que os de Juan Porrúa perdesen 2 puntos valiosos para colarse entre os 5 de arriba.
Por Fontenla, o equipo de David González tampouco lle puido facerlle un favor ao cadro fisterrán, e acabou perdendo ante o 2º da táboa.
FIsterra - Puebla (2-2)
- Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Breixo, Dani, Aarón Fdez., Aarón López, Víctor Casais, Estévez, Diego Cespón, Julián, Capelo. Tamén: Buguy, Adrián Makaay, Aarón Lobelos, Richi, Vía e Eze.
- Goles: 1-0, m.31: Breixo; 1-1, m.44; 2-1, m.50: Víctor Casais; 2-2, m.90: Viturro.
A primeira metade moi igualada, nun partido feo para o espectador, pero con moita loita. Metíanse por diante os locais pero marcaron os visitantes xusto antes do descanso.
Repetíase o guión na segunda, pero desta volta cun Fisterra moito mellor colocado, e superior. Marcou pronto e comezou a marcar os tempos do partido. Tiveron aí para sentenciar os verdes nun centro de Makaay que remata Vía e saca un defensor baixo paus. Ían pasando os minutos e cando toda a parroquia de Ara Solis contaba con sumar de 3, unha xogada que non despexa ben a defensa fisterrá permite que se escapen dous puntos moi valiosos.
Xallas - Dubra (1-3)
- Xallas: Coke, Aitor, Brais, Julito, Jose Eiza, Diego, Colón, Stefan, Borja Gándara, Alex Blanco, Juan de Celia. Tamén: David, Sergio barbeira, Nando, Adán e Iván García.
- Goles: 0-1, m.8; 0-2, m.22; 1-2, m.30: Álex Blanco de penalti; 1-3, m.89.
Partido sabatino, marcado polo inicio dubidoso da liña defensiva local, con malos despexes permitindo que chegue o primeiro tanto. O equipo non se viu abaixo, meteuse de novo na loita, chegando mesmo á área, pero no ecuador chegou o segundo dos visitantes noutro erro defensivo.
Aínda subíu máis as liñas David González e o equipo presionaba, roubaba e chegaba arriba. Nunha internada de Stefan, era derribado en penalti, que transformaba Alex Blanco. De aí ao descanso foron os mellores minutos dos xalleiros, cun balón ao pau de Álex, e dúas boas ocasións que para o porteiro.
A segunda metade foi máis igualada, que se viu marcada por unha ocasión moi clara que marrou Juan de Celia no ecuador, e quye puido cambiar o signo do partido. A partir de aí, xa con menos forzas, e co equipo completamente volcado, o Dubra tivo varias contras para sentenciar, como fixo a piques de chegar ao remate.