Preferente: O Xallas aférrase á permanencia
O Xallas logrou unha vitoria importantísima de cara a permanencia logo de golear ao colista, o Agrupación Estudiantil, mentres que o Sofán sumou un valiosísimo punto ante o Arzúa co que practicamente certificou a salvación.
Agrupación Estudiantil 0 – 5 Xallas FC
Agrupación Estudiantil: Alejandro, Ismael. Óscar, Denis, Mamadou, Anxo, Miguel (Fran m.65), Falcón, Eugenio (Rubén m.61), Diego e Manuel.
Xallas FC: Álvaro, Jacobo, Santi, Abel, Doro, Julián López (Baba m.78), Carlos (Jaco López m.55), Álex Blanco, Álex Canedo, Marcos (Chelo m.78), Óliver (Iago m.71).
Goles: 0-1 m.14: Álex Blanco; 0-2 m.47: Álex Blanco; 0-3 m.76: Mamadou en propia porta; 0-4 m.87: Iago; 0-5 m.90: Álex Blanco (p).
Partido de clara cor verde dun Xallas que aos catorce minutos se adiantaría grazas a un gol de Álex Blanco logo dunha boa xogada combinativa.
A raíz deste tanto inicial, o control seguiría sendo dos homes de Pablo Otero pero o marcador non se movería.
Tralo paso por vestiarios, Álex Blanco aumentaría a vantaxe logo de aproveitar un rexeite do porteiro a tiro de Julián López, e Mamadou en propia porta subiría o 0-3 ao marcador.
Xa no tramo final, Iago cun golazo dende a frontal e Álex Blanco dende os once metros subirían ao luminoso o 0-5 final.
CSD Arzúa 1 – 1 SD Sofán
CSD Arzúa: Tasende, Juanjo (Miguel m.68), Puri, Prieto (Parrado m.88), Diego Enjamio, García (Rúa m.83), David Enjamio, Brais Pedreira, Iker Hurtado, Manu (Álvaro m.68) e Adrián Iglesias
SD Sofán: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo, Antonio, Félix, Canedo, Fabián, Matías (Juanjo m.72), Alexandre (Rubén m.78), Raúl, Camilo (Rial m.89).
Goles: 0-1 m.58: Iván Rey; 1-1 m.74: Brais Pedreira.
De inicio, saíu mellor un Arzúa que tivo as súas oportunidades máis claras nos primeiros quince minutos cun lanzamento de Enjamio ao pau e noutro remate de Iker Hurtado que tamén se estrelaría na madeira.
Comezou a impoñerse á SD, cun Fabián de motor no centro do campo e un Alexandre entrando ben por banda. Unha boa xogada do extremo remataríaa Camilo na área pequena por riba da portería, mentres que Raúl de cabeza levaría inquedanza á bancada e Matías de lanzamento de falta fixo dubidar a Tasende, nas máis claras opcións dos visitantes.
No inicio do segundo tempo, a tónica seguiría sendo a mesma ata que unha xogada de Alexandre, que centra moi ben remataríaa Iván Rey ao fondo da rede.
Cos cambios, o Sofán buscou pechar os camiños cara a súa porta, pero Brais Pedreira cun bo gol nun gran disparo de media distancia de Brais Pedreira, faría o definitivo empate a un.
Ata o final, moita emoción e un ritmo alto de ambos equipos que xogaron un bo partido en Arzúa.