Venres. 11.10.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas aférrase a unha Preferente na que estará o Sofán case con total certeza

11 inicial do Xallas ante o Viveiro
11 inicial do Xallas ante o Viveiro
Preferente: O Xallas aférrase a unha Preferente na que estará o Sofán case con total certeza

O Xallas logrou unha importantísima vitoria ante un dos galos da categoría como é o Viveiro e agora mesmo, está fóra da zona de perigo aínda que non pode confiarse en vindeiras xornadas e terá que tratar de encadear varios resultados positivos para achegarse á ansiada permanencia.

Pola súa banda, un Sofán que co resultado de onte practicamente garantiu a súa continuidade na Preferente a vindeira tempada, plantoulle cara a todo un líder que se proclamará campión en poucas xornadas e que viu como o cadro de Iván Cancela lle complicaba e moito as cousas.

Xallas FC 3 – 0 Viveiro CF

Xallas FC: Julián (Koke m.90), Christian, Jacobo, Santi, Abel (Baba m.66)(Óliver m.85), Doro, Julián López, Carlos (Rubén m.61), Álex Blanco, Álex Canedo e Marcos.

Goles: 1-0 m.44: Carlos; 2-0 m.64: Julián López; 3-0 m.71: Álex Blanco.

A igualdade foi a tónica predominante dunha primeira metade na que o longueiro evitaría o gol dos viveirenses nunha contra e un defensa visitante faría o propio ao evitar que Abel rematase cando xa se cantaba o gol.

E cando todo facía parecer que se ía chegar ao tempo de lecer co empate inicial, Carlos aproveitaría un balón solto na área para adiantar aos xalleiros.

Tralo paso por vestiarios, o Viveiro sairía a por todas e contarían cun penalti para facer o empate pero unha gran intervención de Julián evitaría o gol do empate.

Pouco despois desta acción que puido cambiar o devir do partido, o Xallas mataría o partido en dúas contras materializadas por Julián López e Álex Blanco, que significarían o definitivo 3-0 nun partido que deixaría un sabor agridoce aos xalleiros pola lesión de Julián Couto nos minutos finais do encontro.

SD Sofán 2 – 2 CD As Pontes

SD Sofán - As Pontes

SD Sofán: Rumbo, Antonio, Félix (Rubén m.72), Alexandre, Iván Rey (Quintela m.65), Raúl, Pablo Domínguez, Matías (Juanjo m.65), Canedo, Camilo (Sera m.72) e Fabián.

CD As Pontes: Paco, Pablo Ramos, Álex, Sánchez, Óscar Rivas, Dani, Adrián, Toni, Carlos, Quique (Martín m.87), Pardo (Fidi m.67).

Goles: 1-0 m.32: Raúl; 1-1 m.45: Sánchez; 1-2 m.46: Carlos; 2-2 m.89: Sera.

O Sofán xogoulle de ti a ti ao futuro campión e incluso puido levarse a vitoria nun partido no que logrou un empate nos últimos intres do encontro con sabor a gloria.

O equipo de Cancela estivo moi ben defensivamente, concedendo moi pouco ao de Marco Roca e lanzando perigosas contras. Apenas houbo ocasións na primeira media hora e nunha boa xogada de Alexandre por banda esquerda, Raúl faría o primeiro da tarde para poñer por diante ao Sofán.

Buscou o empate As Pontes e atopouno xusto antes do descanso nun córner rematado por Alex Sánchez no segundo pau que toca en Canedo e entra a gol.

Xusto á saída dos vestiarios, Carlos, en posible fóra de xogo, aproveitaría un pase en profundidade de Quique para facer o segundo.

A partires deste gol, o Sofán dominou o encontro e volcou o campo cara a portería de Paco, aínda que o líder se defendeu ben. A ocasión mais clara tívoa Raúl nun man a man no minuto 82 que desbaratou o gardameta pontés coa súa saída. E cando o partido remataba, en pleno acoso local, un centro lateral foi rematado por Sera de cabeza ao fondo da rede establecendo unha xusta igualada.

Comentarios