Martes. 23.04.2024
El tiempo

#PreviaQPC: A volta da Liga da Costa, a final do Cerqueda Feminino e as finais da Fase e da Copa Xuvenil e Infantil

Imaxe do Cee-Cerqueda da primeira volta-Foto-Cerqueda
Imaxe do Cee-Cerqueda da primeira volta-Foto-Cerqueda
#PreviaQPC: A volta da Liga da Costa, a final do Cerqueda Feminino e as finais da Fase e da Copa Xuvenil e Infantil

Fin de semana con moitas frontes no Fútbol costeiro. Un dos grandes atractivos será o final da primeira fase da 2ª División Feminina, na que o Cerqueda terá unha finalísima para meterse na Fase de Ascenso. As de Jorge Guillamet terán que gañar en Xaviña na tarde dominical a un Cee xa clasificado para colarse entre as 5 primeiras, e superar así a un Cacheiras que de seguro non falla ante o pechacancelas.

No fútbol masculino, cómpre destacar a volta á competición da segunda fase da Liga da Costa. Tras unha semana de parón, atoparemos fermosos choques tanto na Fase de Ascenso como nos grupos da Permanencia.

Máis arriba, na 3ª RFEF, o Sofán visita ao Arzúa tras sumar entre semana unha nova derrota ante o Fabril; mentres que na Preferente o Fisterra recibe ao Mugardos e o Xallas non pode fallar ante o Escairón.

Importante xornada na 1ª, sobre todo para un Baio que exprime as súas opcións de ascenso. Os de Pablo Torreira reciben ao Flavia para manterse na loita cos tres poderosos de arriba. Favor pódelle facer o Mazaricos se non permite escapar os puntos do fortín de Pedra de Ouro ante o potente Cidade de Ribeira.
Na loita por evitar o descenso, o Corme pode dar un paso adiante se vence ao Agolada.

En 3ª, os de arriba teñen probas de lume ante equipos que veñen por abaixo pero que seguro que venden cara a súa pel.

Fase Final Xuvenil e Copa Xuvenil e Infantil

Xa temos en www.copadacosta.com os cadros das Fases Finais polo título e previas á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil e Infantil. Cabana e Sofán enfróntanse nas Redondas na ida Xuvenil, tras superar a Esteirana e Cee con certa solvencia. Partidazo en marcha.

A Fase Infantil esperará á fin de semana que vén.

As que tamén arrincan xa as eliminatorias da Copa da Costa Xuvenil e Infantil, cuios cadros tamén temos en www.copadacosta.com.

 

Comentarios